En Caamouco.Net

Pola lingua que nos une Paremos os ataques contra o galego

Manifestación o 17 de maio ás 12 horas

na Alameda de Santiago de Compostela

Manifesto elaborado polo escritor

Agustín Fernández Paz

para a manifestación do 17 de maio Ler Máis Pola lingua que nos une Paremos os ataques contra o galego

PAGAMENTO A PROVEDORES E DESPEDIMENTOS NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Un informe de Luís Burgos para o Gabinete Técnico da CIG.

Os Reais Decretos Lei 4/2012 e 7/2012 presentáronse ante a opinión pública como un plano ambicioso para permitir que PEMES e moitas persoas de traballo autónomo poidan cobrar rapidamente os cartos que lle deben as Administracións Públicas, particularmente as Entidades Locais. Ler Máis PAGAMENTO A PROVEDORES E DESPEDIMENTOS NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Manifesto de 55 catedráticos de Dereito do Traballo e a Seguridade Social

Os abaixo asinantes, catedráticas e catedráticos de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, consideramos un deber cívico facer pública a nosa opinión de expertos sobre a recente reforma laboral aprobada polo Goberno do PP, a cal introduce un cambio radical no modelo constitucional de relacións laborais, baseado en dous piares esenciais:

Ler Máis Manifesto de 55 catedráticos de Dereito do Traballo e a Seguridade Social

Boas Festas!

Boas Festas e que o vindeiro ano veña cheo de ledicias e,

a ser posible, soen notas musicais do Palco.

 

Adeus palco, adeus para sempre adeus …..

Moito mudaron as cousas neste concello. As miñas eivas non me deixan entender como é que o noso alcalde pode delegar o “impulso” para a realización do Plan Xeral de Ordenación Urbana ao concelleiro de Nueva Alianza.

Coido que ninguén esquecería que foi este concelleiro, dentro dun goberno do Partido Popular, o que promoveu a desorde urbanística que padecemos. Primeiro opuxéronse ao P.X.O.U. aprobado polo PSOE e o BNG, Logo, cando estaban no goberno, aproveitaron o Plan (cando xa había sentencias que o anulaba) para facerlle as modificacións que propiciaron a desfeita urbanística actual.

E como para mostra un botón, agora temos que o Sr. Alcalde quere tirar o Palco da Praza da Constitución. Unha edificación clasificada como de interese patrimonial polo anterior Plan urbanístico, entón, que mudou dende aquela para agora derrubala sen máis?.

Mudar, o que se di mudar, só mudou quen ordena a política urbanística. Así, temos un alcalde do PSOE que delega a política urbanística no sucedáneo do PP.

Estarán a ensaiar o PPSOE?

 

 

 

ORGANIZACIÓNS DO ÁMBITO SOCIAL, POLÍTICO E SINDICAL CONVOCAN UN GRANDE ACTO PÚBLICO O 17 DE SETEMBRO EN SANTIAGO CONTRA A REFORMA DA CONSTITUCIÓN

Galiza, pola Soberanía, os Dereitos Sociais e os Servizos Públicos. Esta reforma da Constitución é unha fraude” é o lema da convocatoria Ler Máis

Asina NON A ESTA REFORMA DA CONSTITUCIÓN

As decisións tomadas desde que se iniciou o actual período de crise económica, alén de afectar o benestar das maiorías sociais, están a situar ao pé dos cabalos a democracia e o dereito á soberanía e o autogoberno dos pobos.

O acordo alcanzado para acometer unha reforma constitucional “exprés” vén precedido dunha actividade especulativa desmedida contra as emisións de débeda pública, e de requirimentos formulados desde o Banco Central Europeo, unha institución monetaria cuxo funcionamento e sistema de escolla dos seus representantes carecen de lexitimidade e control democráticos. Ler Máis Asina NON A ESTA REFORMA DA CONSTITUCIÓN

Paremos os ataques contra o galego!

Concentración

 ás 12 da mañá na

Praza do Concello de Ares

 

Ler Máis Paremos os ataques contra o galego!

Falacias de faladoiros!!

O noso concello é un bo caldo de cultivo para as ONGs.

Anos atrás unha ONG inmobiliaria, segundo Augas de Galicia, entubou un regato que discorría ao carón da leira do entón alcalde.

Logo, durante unha campaña electoral, unha S.A.R. (Sociedade Altruísta Responsable) permitiulle colocar unha vala publicitaria ao entón alcalde nun solar. Despois de ser denunciado, porque estaba a ser iluminado cus focos que estaban conectados ao alumeado público, esta Sociedade permitiulle enganchar ao seu contador.  Din, os que nunca poden estar calados, que nesa leira que só daba para dúas vivendas fixéronse tres. Tamén dixeron que non retiraron os metros suficientes dende a estrada. Mentireiros!!

Como non podía ser menos nesta campaña electoral , esta S.A.R. cédelle o espazo doutra leira ao agora alcalde, para colocar unha vala publicitaria. E volven a dicir os maldicentes que nesa leira, que está fora de ordenamento urbano, alguén permitiulle facer obras de explanación, movementos de terra e cimentación. Falacias de faladoiros!!

E … a culpa de que é?

Hai quen está tan acostumado a escoitarse a si mesmo, que acaba crendo que todo o que lle pasa pola súa testa é certo e esta a ocorrer.

Erra!, pero dálle igual. O primordial ven ser buscar a alguén a quen botarlle as culpas. Non lle importa nada  máis que salvar a súa imaxe.

E claro, a realidade é teimuda. Agora problema é a ampliación do colexio, maña será outro. Mais a preocupación será atopar a quen culpar da situación. Ler Máis E … a culpa de que é?