En Caamouco.Net

Contratares: Sen ética nin estética

desoVolvemos ás andadas. Se un fose mal pensado diría que a praza convocada co lema de CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/A AUXILIAR ADMINISTRATIVO A TEMPO COMPLETO PARA OS SERVICIOS DE INTERVENCIÓN-TESOURERÍA  lémbrame aquel cheiro da rosada de xofre que manaban das chemineas dás Pontes.

A Comisión de Goberno acordou o luns 31 de outubro aprobar as bases para a contratación dunha praza de auxiliar administrativa para intervención tesourería. Ata aquí todo podería parecer normal, pero non. As necesidades do Concello van máis por contratar un Interventor/a que unha praza de auxiliar. A pesar dos reiterados informes realizados polo Secretario-Interventor da necesidade de convocar a praza de Interventor, se convoca a de auxiliar.

Teño pois que seguir a ter que pensar ben, e que esta contratación non vai supor realizar o traballo do interventor polo salario de auxiliar. Claro que de aforro nada de nada, pois o complemento de Interventor o seguirá a cobrar o Secretario.

Retomando a cronoloxía, se aproba o luns e se publica o xoves, tanto na web do concello como no Diario de Ferrol,  dando un prazo de TRES DIAS NATURAIS para presentar a instancia de solicitude á que debe acompañarse inescusablemente, entre outros documentos, os xustificantes de ter aboada a Taxa de dereitos de exame (10,00 euros) así como o dos Méritos que o aspirante aporte para ser valorados na fase de concurso .

É evidente que o prazo de tres día naturais, agravado neste caso pola circunstancia que dous son inhábiles ao cadrar en sábado e domingo, é unha actuación arbitraria e restritiva que vulnera o dereito de participación e igualdade recollidos na Constitución.

Por se fose pouca a labor obstrutiva do paragrafo anterior, se dispón a obrigatoriedade de presentar unha instancia que se obterá no Rexistro da corporación e que terá tamén que ser acompañada da xustificación dos  méritos que se pretendan valorar, téndose que obter estes documentos nun prazo de tres día naturais, dos cales dous son inhábiles

E curioso que nun concello, que din gobernado por un alcalde socialista, non se estableza a exención de pago da Taxa para as persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%, as persoas que figuren como demandantes de emprego ou as familias numerosas.

A máis do anterior, as bases da convocatoria vulneran o disposto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, no que se dispón que “Os estranxeiros aos que se refiren os apartados anteriores, así como os estranxeiros con residencia legal en España poderán acceder ás Administracións Públicas, como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois”.

Tamén se establece unha xornada de traballo –nocturna e/ou fraccionada- que non ven recollida no convenio colectivo de aplicación, o que vulnera o artigo 51 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que literalmente di: Xornada de traballo, permisos e vacacións do persoal laboral. Para o réxime de xornada de traballo, permisos e vacacións do persoal laboral estarase ao establecido neste capítulo e na lexislación laboral correspondente.

Se esixe como titulación mínima esixida para a praza -auxiliar administrativo de tesourería- establécese a de “posesión do título de EXB ou equivalente … ou outros superiores”.  Hai que recordar que este Corpo está clasificado no Grupo C2 (antigo Grupo D), polo que a titulación requirida para acceder a esta oposición é a de Graduado Escolar, Bacharel Elemental, Ensino Secundario Obrigatorio-LOGSE, Formación Profesional de primeiro grao ou equivalente, e non a do título de EXB ou equivalente.

No baremo de méritos non é doado entender que sexa valorada a titulación de diplomatura, licenciatura-grao e non as titulacións de Formación Profesional e os cursos de perfeccionamento específicos da área para a que se convoca a praza, nomeadamente tesourería. Tampouco é entendible que se limite a certas titulacións do mesmo nivel académico en detrimento doutras, sen xustificar estas circunstancias.

Como colofón, se inclúen dentro do temario dous temas, numerados como 11 e 12,  que nada teñen que ver coas funcións da praza convocada, xa que son propias da área de urbanismo.

Xa sabemos que a área de Persoal do concello está delegada en NAL, pero quen aprobou as Bases foi a Comisión de Goberno, no que votan PSOE, NAL e SON de ARES, menos mal que estes últimos viñan para cambialo todo.

Imos a seguir coa ampliación do Idiomares, ao que tanto gusto tomoulle o alcalde: Contratares.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*