En Caamouco.Net

Parabéns!

ParabensÉ moi boa nova que o noso Alcalde fose, primeiro designado como representante municipal no Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, e logo, elixido de entre os catro designados, como Vicepresidente da citada Axencia.

Agardo que o novo cargo sirva de acicate para que, dende o Concello, se axilice na elaboración e aprobación dun Plano de Ordenación Municipal. Hai que lembrar que o acordo plenario polo que se aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares, foi anulado pola Sentenza do Tribunal Superior de Galicia de 23 de outubro de 2003, sendo dita Sentenza obxecto de recurso de casación ante o Tribunal Supremo, quen en data de 14 de novembro de 2007, desestimou o recurso, confirmando a anulación do PXOM.

As declaracións xurdidas cando se publicou a Sentenza de 23/10/2003 eran que se recorría ante o Tribunal Supremo para que dera tempo á elaborar un novo Plan. A mesma estratexia se intentou “vender”, cando o fallo do Tribunal Supremo de 14/11/2007, anunciando a presentación dun recurso ante o Tribunal Constitucional e incluso, hai hemeroteca para comprobalo, se chegou a dicir de levalo ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Parece que desta vez imperou o “sentidiño” e non se gastaron máis cartos no tema.

Pero a realidade é que levamos case dous anos dende que a Sentenza é firme, e pouco traballo se ve feito.

Ase pois, parabéns para o Sr. Alcalde e como non, tamén para todos os veciños e veciñas de Ares, pois coido que este nomeamento será un garante máis para a protección da legalidade urbanística no noso concello.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*