En Caamouco.Net

Tránsfugas

VotanteÉ unha desas palabras que cada vez que temos preto un proceso electoral ocupan as primeiras, segundas,…e últimas páxinas dos xornais e medios de comunicación. Unha das curiosidades desta palabra é que muda o seu significado. Así, o suxeito o que hoxe para un partido político é un tránsfuga, mañá realizando esta mesma acción, pasará a ser considerado como un defensor das liberdades e implacable perseguidor de corruptelas.

Como ven di aquel refrán “todo vai depender da cor do vidro con que se mire”, só para aqueles que saen prexudicados é un tránsfuga.

O dicionario da Real Academia da Lingua galega ven a definila como:

Tránsfugas: (Del lat. transfûga).

  1. Militar que deserta en tempo de guerra e pasa ás filas do inimigo.
  2. Por ext., persoa que abandona o seu partido para pasar a outro, ou aquela que traizoa a súa causa.

Os cambios no poder, facilitados polos tránsfugas, son sempre a escusa perfecta para que os partidos políticos falen de cambiar a lexislación electoral. Argumentan que o escano é do partido e non da persoa, maila que a Xustiza e o Tribunal Constitucional xa se pronunciaron reiteradas veces en que o escano pertence ao individuo e que á súa elección e froito dunha elección de mandato representativo e non imperativo. Non se elixe a un candidato para que faga ou vote unha cuestión determinada, elíxese para que nos represente por un período lexislativo, segundo o seu mellor saber e proceder. Tampouco eliximos unhas siglas dun partido, para que logo este designe os militantes que estime oportuno. Eliximos homes e mulleres para nos representar, nada máis, pero nada menos: homes e mulleres.

A tentación dos partidos políticos é crear unha “partidocracia”, na que os electores elixamos aos partidos que nos representen, e eles xa dirán que persoas nos representan mellor, e de non representarnos á súa satisfacción, substituiríannos por outros máis “obedientes”.

UrnaIntentan confundir ao corpo electoral. Nos presentan como candidato a presidente do goberno persoas que nin sequera podemos votar por elas, pois poden presentarse por outra circunscrición electoral e a elección de presidente corresponde aos deputados, non aos votantes. Cando votamos por un candidato pola provincia de A Coruña dun partido determinado, non estamos votando ao candidato a presidente de goberno de dito partido. Votamos para que unhas persoas, dentro dun partido político, nos representen. Non teñen un mandato imperativo que lles faga ter que votar polo candidato do seu partido. O mesmo pasa coas alcaldías. Non somos os votantes os que eliximos aos alcaldes ou alcaldesas, son os concelleiros ou concelleiras, polo que a súa destitución tamén lles corresponde a eles.

E isto é así en tanto non se cambie a lexislación electoral. Coido que os electores votamos en falta un cambio lexislativo que nos garanta que se cumpren os programas electorais e unha maior fiscalización das accións dos gobernos. Pero de seguro que as cousas non van ir por estes ventos.

1 comment to Tránsfugas

  • Transeunte

    Sabías de anteman o de Francisco Echevarría?.
    Non estarás a usar información privilexiada?.
    Estabas neste tempo a xustificar a decisión de Francisco Echevarría?.
    Moitas preguntas e poucas respostas.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*