En Caamouco.Net

Cortes no subministro de auga

OMICLevamos dous días con cortes no subministro de auga. A primeira vez, o xoves, foi de súpeto por mor dunha avaría producido pola rotura dunhas tubaxes na zona do Porto. Pero hoxe venres, produciuse outra, non sei con qué finalidade, pero estaba programada para as 9.30 horas.

Tanto nun feito como noutro voto en falta o respecto que nos deben como usuarios as empresa subministradoras, é máxime, cando é unha concesión administrativa do Concello.

Se hai unha rotura, hai que pedirlle danos e prexuízos á empresa que a produciu, e reflectir na taxa unha redución consonte ao tempo que estivemos privados de subministro.

Se hai un corte programado, cando menos facer unha fotocopias e votalas por baixo dos portais das rúas afectadas.

Oxalá que Oficina Municipal de Información ao Consumidor tomase nota!.

1 comment to Cortes no subministro de auga

  • Chanteiresa

    Pois seria bó que tamen falases un pouco da zona rural, que non tempos abastecemento

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*