En Caamouco.Net

Cooperativas de vivendas?

CONSTRUDINEUn amigo propúxome entrar no negocio inmobiliario. Para ilo díxome que tiñamos que montar unha cooperativa de vivendas. O primeiro paso sería buscar chan apto para urbanizar. Nesta procura teriamos preferencia para facernos con terreos de xestión pública polo feito de ser cooperativa. Unha vez que xa temos os terreos encargamos un proxecto de edificación que presentaremos ao concello para obter licenza urbanística.

Entre tanto necesitamos buscar 48 incautos que, necesitados de vivenda, queiran posuír unha vivenda por un prezo razoable. Teñen que firmar un contrato de adhesión a unha cooperativa que chamariamos “Ares 2002”. Antes da incorporación dos incautos, nosoutros poriamos a andar a Cooperativa. Redactariamos uns Estatutos e celebrarriamos unha asemblea xeral para aprobalos,  nos que, de paso e correndo, acordaremos encomendarlle a xestión da mesma, e con carácter irrevogable, á unha empresa de xestión, que sobraría dicilo, tamén controlariamos nos.

Unha vez acadado isto só nos quedaría nomear aos membros do Consello Reitor, manipularemos para que elixan de entre os incautos aos máis parvos.

Unha vez realizado isto, e cos cartos aportados polos cooperativistas, comezamos a executar as obras. Non hai que esquecer facer algunhas achegas extras (que si os materiais e salarios subiron, que si temos que urbanizar a rúa, poñer o alumeado público e non estaba contemplado no proxecto,…).  Pero antes de facer as achegas, nosoutros venderiamos a nos mesmos os baixos a un prezo “razoablemente baixo”. Na Asemblea comunicaremos a boa xestión da Xunta Rectora, que xa ten acadado uns “importantes ingresos” pola venta anticipada dos baixos.

As obras continúan e nos a cobrar todos os meses a través da empresa de xestión que irrevogablemente ha de levar a bo porto a construción do edificio.

LADRONNos facemos o traballo que faría un promotor a través da empresa de xestión, nos levariamos uns cartiños pola xestión e outros polas “comisións comerciais” nas contratación dos traballos.

Se cando teñamos rematado o edificio non temos cooperativistas para todos os pisos podemos facer dúas cousas:

a)      Imputarlles aos cooperativistas, a máis do importe do seu piso, o rateo proporcional do que queda sen vender.

b)      deixar que se vaia escriturando e pagando a medida que teñamos compradores, e o que queda sen vender facer pequenas achegas, dentro dos dous anos que temos para liquidar a cooperativa dende a obtención da licenza de primeira ocupación, e acadar que con estas achegas estean practicamente amortizados.

Cando teñamos que liquidar a cooperativa asustaremos aos cooperativistas dicindo que teñen que facerse cargo da débeda contraída co banco polos pisos sen vender, ocupariámonos de que as achegas realizadas “se disiparan” e non fosen a cancelar esa débeda.

Entón, como ánima que procura o diaño, tódolos cooperativistas daríanse de baixa, e nos quedamos con os pisos sen vender. Pisos que xa terían máis que pagados o resto dos cooperativistas sen terse dado conta.

ESTAF3aDe detectarse problemas de calidades, reclamacións  ou calquera outro, ou ben o cubriría o seguro, ou eles mesmos os cooperativistas teríanse que facer cargo.

Nos nunca teriamos responsabilidade algunha, para iso esta a Xunta Rectora.

Unha xogada redonda. Sen expor nada de capital, nos facemos cos baixos comerciais, cobramos pola xestión, tamén polas obras realizadas e por riba, de quedar algún piso sen vender, tamén nos quedariamos con eles a prezo de ganga.

Non lle din creto á proposta do meu amigo. Non creo que existan promotores urbanísticos que fagan estas prácticas. De tódolos xeitos non estaría de máis, se algunha vez estamos preto de entrar nunha cooperativa de vivendas, meditar se é posible que ocorran estas cousas.

Eu non dou creto!.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*