En Caamouco.Net

Botarse ao Monte (Pio)

guerrilleros_galAs voltas que da a vida!. Quén iría dicir que un presidente da Xunta de Galicia, do Partido Popular, ía chamar a insubmisión fiscal?. Resulta que di o Sr. Presidente que a Comunidade autónoma non pode devolverlle ao Goberno central os cartos transferidos ‘a conta’ en 2008 e 2009, isto é, os fondos que a Administración do Estado enviou ás autonomías. Textualmente dixo, durante a súa intervención nos Almorzos Informativos de Europa Press:

“Pero oiga, nosotros hemos recibido el dinero que usted nos ha remitido, y hemos gastado el dinero que el Estado nos dijo que podíamos gastar. Nosotros no tenemos dinero para devolver y como nadie puede dar lo que no tiene, nosotros no podemos dar el dinero que no tenemos”….

“Yo hablo por mi, pero nadie puede dar lo que no tiene, ese es un principio básico…..”

É despois distas declaracións quedou tan pancho!. O noso Presidente puidera parecer que ou ben non ten idea do que fala ou ben nos quere tomar de parvos. Non ten que devolver nada do transferido polo Estado, que é quen recada a maior parte dos impostos. Sinxelamente desconta das transferencias do seguinte exercicio as devolucións a que houbera lugar no presente. Entón a qué ven a expresión “… nosotros no podemos dar el dinero que no tenemos …”. Cando o Goberno de España teña que transferir os cartos só ten que descontar as cantidades que se lle adebeden. Nin máis nin menos que botar as contas.

Ao mellor, nada do anterior e certo e nos quería instruír para que perante as entidades bancarias, e ante as dificultades de pago da hipoteca, usemos as súas frases coa mesma contundencia.

Eu ante estes neo-insubmisos prefiro ser aquel pirata coxo con pata de pau, cun parche no ollo, con cara de malo, o vello malfeitor, capitán dun barco que tivera por bandeira un par de tibias e unha caveira….

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*