En Caamouco.Net

Manifestación en favor da lingua

queremosgalego_manifestacion18outubro2009_banners234x60A plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO convoca unha gran manifestación en favor da lingua para o vindeiro domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela.

A plataforma QUEREMOS GALEGO anunciou a data da gran manifestación en favor da lingua cuxa convocatoria xa adiantara no mes de xullo: será o vindeiro 18 de outubro en Santiago de Compostela e partirá ás 12 da mañá da Alameda. Fran Rei sinalou que é unha convocatoria na que se chama a participar ao conxunto da sociedade galega, “a esa inmensa maioría de galegas e galegos que queren o seu idioma, que o consideran un dos nosos máis valiosos patrimonios e sinais colectivos, por riba de afiliacións ou mesmo da lingua que empreguen para comunicarse no día a día”. Esa mesma chamada ao conxunto da sociedade “é válida tamén para que se sumen a esta plataforma e ás súas iniciativas as persoas e entidades que entenden o galego como un elemento a querer e a defender fronte a quen pretende agredir os nosos dereitos”, dixo.

1 comment to Manifestación en favor da lingua

  • teresa

    hola! as moscas se atrapan con mel…en una sociedad bilingüe as veces falamos galego y otras en castellano. Más que nada veo una cuestión de educación, que me falan en galego…pois eu tamén, si me falan en castelán…pues yo también.

    Non vexo o problema por ¿ningures? a pena e que os que temos perto de 50 anos falemos castrapo (que esa e outra)y escribimos en gallego pésimo.Penso que non hay problema con o galego.

    un saludo, saúdo, dé cumprimentos a Oferrado da minha parte (que portugal está ahi al lado)

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*