En Caamouco.Net

Para cándo o Centro de Saúde?

sergas_atencion_primaria_800Estamos en tempo de preparar as axendas do 2010. Tendo en conta que o Concello ten por costume encargar un lote delas, queríalles propor que na portada da mesma e xunto ao escudo, puxeran a frase “Centro de Saúde”. Deste xeito cada día que colleran a mesma lembrarían, uns e outros, da débeda electoral que contraeron coa veciñanza.

Despois de ver como nos viñan visitar conselleiros, directores xerais e demais persoeiros: nada de nada!. Certo que houbo consignación orzamentaria, pero nada de nada!.

Ata se chegou a  anunciar o traslado dos servizos médicos á antiga casa do concello. Pero, nada de nada!

E a miña pregunta é:

– Alguén pode dicir qué pasa coa ampliación do centro de saúde?

– A min que non me pregunten, eu estaba de paso!

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*