En Caamouco.Net

Para correlos a mocadas!

–          É para correlGarroteos a mocadas!

Esta foi a frase pronunciada por un lector, causada pola impotencia, ao ver na mesma páxina do xornal dúas novas. Unha falaba da supresión da paga de 200 € aos pensionistas que cobran pagas non contributivas, mentres a outra comentaba a opacidade nos orzamentos da Xunta do custe do “plus de altos cargos”.

Curiosamente, si para a primeira noticia non hai consenso, no tema dos pluses para altos cargos están todos de acordo. Xa o anterior goberno da Xunta non dou os datos de a cántos afectaba  e cál era a cantidade total gastada. O goberno actual tampouco ve a necesidade de dar a coñecer estes datos.

A transparencia nas contas públicas xa non é unha preocupación para os políticos nin de dereitas nin de esquerdas nin de centro. Laiaranse cando ese mesmo lector vomite a socorrida frase:

– É que tódolos políticos son iguais.

– Pois vas ter razón….. (murmuraba polo baixo un afiliado a un partido político)

E esta historia podería rematar aquí, pero non!. Outro que estaba ao asexo sentenciou:

– Pois eu asinei unha Iniciativa Lexislativa Popular para a supresión do plus.

E sen outra palabra colleu e arrancou de alí.

Lembreime da Iniciativa Lexislativa Popular, presentada na pasada lexislatura no Parlamento Galego, que alá estará a durmir, orfa de pai e nai, xa que ningún Grupo político quere apadriñala. Manda carallo!.

Os monólogos remataron. Pero quedoume o aquel de que ninguén, dos alí presentes, comentase a situación dos que teñen que vivir todo o ano con 4.708,62 €. Pois débelles parecer moito, aos nosos gobernantes, engadirlles un complemento de 2.400 €, tamén ao ano. Pero para os que deixaron a actividade política e fosen funcionarios, e por extensión deputados, senadores, presidentes de deputación e alcaldes, ven razoable un complemento, que oscila dende un mínimo de 3.564 € ata 14.419 €.

Inda por riba, a populista medida de rebaixarse o salario nun 3% non lles vai afectar.

–          Hai que correlos ………… !

1 comment to Para correlos a mocadas!

  • Admin

    Disco ab vestris mendis

    Logo de recuar Goberno da Xunta de Galicia a súa decisión de retirar as axudas de 200 €, ás prestacións non contributivas, eu aprendendo dos seus erros rectifico. Non van retirarlle as axudas. Pero tampouco van retirar os complementos aos altos cargos.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*