En Caamouco.Net

Quosque tandem?

mega02Debeu cansar o noso Alcalde de responder na súa sección da web municipal “O Alcalde responde”. Anunciou no mes de xullo que ía de vacacións, e a día de hoxe non volveu aparecer por alí. Seguirá de vacacións?.

A verdade é que, relendo a sección, un cae na conta de que case nunca aclara nada do preguntado e ao máis que chega é a dicir que xa está no tema ou que chames ao concello para ter unha resposta máis personalizada.

O que non é de recibo é que utilice a páxina institucional do Concello para facer propaganda persoal ou PESOAL. Baste como exemplo as últimas entradas na sección de notas de prensa. Aparece só as que lle son favorables ao equipo de goberno, e incluso aparecen notas de prensa contestando a outras que non tiveron entrada nesa mesma sección. A modo de exemplo:

  • O goberno local afirma que a USTG, que integra o comité de empresa do Concello, actúa de ariete das políticas do PP ( 04 Novembro 2009 – 12:21 )
  • Concello gaña nos tribunais unha demanda de dúas ex traballadoras de Axuda a Domicilio ( 03 Novembro 2009 – 15:13 )
  • Iglesias acusa a Cendán de tratar de intoxicar a la opinión pública( 03 Novembro 2009 – 09:30 )
  • O goberno local resposta a Xábrega que a banda de música non se creou pola súa negativa a que fora municipal ( 25 Setembro 2009 – 13:44 )
  • O alcalde de Ares defende a súa liberdade de expresión e o seu dereito a opinar libremente sobre o conflito xurdido co comité do Concello 29 xuño 2009 11:00

Nada se di das sentenzas falladas en contra do Concello, baste tamén como exemplo esta noticia, de gran transcendencia, publicada nos xornais:

El TSXG anula el estudio de detalle del polígono donde se construye un grupo de edificios en la villa de Ares 22/6/2009 | Ferrol

Mágoa que sexan de esquerdas, senón ….. que bos discípulos tería Joseph Goebbels!

3 comments to Quosque tandem?

  • Transeunte

    Tas pasaooooooo!

  • No sé porque mientes y manipulas. Pero eres muy libre de hacerlo, pero yo también soy muy libre para decírtelo.

    Por favor, te ruego que, para evitar una \"próxima vez\", busques mejor, porque lo que dices que \"ocultamos\" lo puedes encontrar, y bien grande, aquí: http://www.concellodeares.com/ampliaactu.php?cod=754

    Por lo demás, la utilidad de la sección que criticas está fuera de toda duda por la gran cantidad de usuarios que presenta, que cada vez son más. Dicha sección la llevo yo personalmente. Soy yo el que contesta directamente a todas las preguntas porque me parece fundamental para enterarme de muchos temas, sin intermediarios de ningún tipo. E intento hacerlo personalmente lo mejor que puede hacerlo un Alcalde como yo, sin dedicación exclusiva, con su propio trabajo, con una profesión de la que vivir yo y mi familia y a la que también tengo que atender todas las tardes y, con especial atención, los principios de curso.

    Esa es la razón por la que actualmente tengo atrasadas unas treinta contestaciones a preguntas de dicha sección. Es así de sencillo, porque no soy una máquina, soy un humano. Alcalde, pero humano.

    Por último, no te consiento que me compares con un nazi. Es un insulto que no te tolero y menos cuando mientes, como te demostré.

    En la web oficial del Concello de Ares intentamos publicar todas las noticias que, relativas a nuestro Concello, salen en la prensa. Por cierto, con gran dificultad los fines de semana y en los periódos vacacionales, por razones obvias. Y, por supuesto, también publicamos las notas de prensa de su Gobierno (que es el que es, del PSOE), como hacen otros Gobiernos (locales, autonómicos y estatal) de distinto signo político (de otros partidos) en sus respectivas webs oficiales.

    Es indiscutible que a tí no tiene porque gustarte.

    Pero eso no te legitima ni para mentir ni para insultar, que es precisa y exactamente lo que resulta que hacía el nazi con el que \"paradójicamente\" tú me quieres comparar.

    Con mi respeto y mi saludo. Julio Ignacio Iglesias Redondo.

  • Admin

    Errare humanum est.

    Prezado Julin

    Ante todo agradecerlle a deferencia de se expresar neste Bloge.

    Ten vostede razón. Está a noticia que eu puxen como exemplo na web oficial do Concello. Máis non cumpre que cambie o buscador, non me decatei que na páxina web hai dúas seccións. Actualidade e Notas de prensa, e eu busquei soamente nunha delas. Certamente non vale o exemplo. Errare humanum est.

    Non é menos certo que a sección “O Alcalde responde” ten unha última entrada o día 11 de xullo, imos dar un mes de vacacións e nos situamos a mediados de agosto. Deixemos correr todo o mes de agosto. Situémonos en setembro. No seu bloge particular (http://julindeares.blogspot.com/) aparecen 37 entradas nos meses de setembro e outubro, e 7 máis neste mes. Vostede recoñece que ten unhas 30 preguntas sen responder na sección “O Alcalde responde”, pois que cada quen quite as súas conclusións!.

    Humildemente lle propoño que faga o que eu no Ferrado: publico as entradas cando se producen, non agardo a ter tempo a contestar. Logo, cando teño as respostas as publico sen máis. Porque aínda que non llo pareza, ademais de vostede existimos persoas que temos un traballo, que vivimos dunha profesión as nosas familias e nós, e que dedicámoslle parte do noso tempo, a colaborar coas entidades asociativas. Non recibimos un can, nin por asistencias nin por gastos de representación, nin indemnizacións por gastos de desprazamentos.

    Vostede no seu bloge escribe o que lle peta, poderá gustarme ou non, pero é o seu bloge. Na páxina web do Concello non pode actuar do mesmo xeito que se fora súa. Coido que lle falta pluralismo informativo e que estase a utilizar polo Equipo de Goberno como se fose un medio propio de propaganda política particular e persoal, e como tal, manifesteime nesta entrada.

    A diferenza de outros Bloges, no Ferrado se publican todas as respostas no menor tempo posible. SEN CENSURA. Se publican tanto os comentarios que me dan a razón como os que ma quitan. É un Bloge aberto á participación no que cada quen pode expresarse libremente e no que agardo que vostede se manifeste sempre que o estime oportuno, favor que lle fai ao Ferrado e polo que eu, lle anticipo as grazas.

    As miñas consideracións máis distinguidas.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*