En Caamouco.Net

O EBLUL insta á Xunta a pór fin ás iniciativas en contra do idioma galego

banerqueremosgalegoO Comité do Estado español do EBLUL (European Bureau for Lesser-Ussed Lenguages – Axencia Europea para as Linguas Minorizadas) aprobou nunha reunión en Barcelona dirixirse á Xunta de Galiza para que “poña fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego”. O EBLUL, promovido polo Parlamento europeo e que ten o rango de entidade consultiva desta institución, do Consello de Europa e da ONU, considera “de especial gravidade” que o Goberno galego non estea a ter en conta o último ditame do Comité de Expertos do Consello de Europa sobre a situación lingüística de Galiza, emitido a finais do ano pasado. O organismo lembra que a Xunta non só non tomou as medidas recomendadas para mellorar a protección dos dereitos da comunidade lingüística galega, senón que se desmantelaron proxectos que foran eloxiados e considerados exemplares polo Consello de Europa, como as Galescolas.

A resolución do Comité de Estado do EBLUL foi aprobada por unanimidade, a instancias da Mesa pola Normalización Lingüística. O representante galego, Carlos Callón, amósase “moi satisfeito” pola aprobación da resolución: “O ditame do EBLUL vénse unir a chamadas no mesmo sentido por parte da Real Academia Galega ou do Consello da Cultura Galega, alén do clamor manifestado en diferentes ocasións pola maioría da sociedade e das comunidades educativas”. “Sería bo para todas e todos que o presidente da Xunta escoitase”, conclúe o presidente da Mesa.

TEXTO DA RESOLUCIÓN DO EBLUL

O Comité do Estado español do EBLUL (European Bureau for Lesser Ussed Lenguages – Axencia Europea das Linguas Minorizadas), reunido en Barcelona o 26 de novembro de 2009, ACORDA dirixirse á Xunta de Galiza para lle trasladar as seguintes solicitudes:

  • Animamos o Goberno galego a que desenvolva unha política lingüística de promoción e extensión social da lingua propia de Galiza, pondo fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego nos diferentes ámbitos.
  • Informamos á Xunta de Galiza de que as medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español, como o Pacto internacional de dereitos civís e políticos ou a Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias.Neste sentido, resulta de especial gravidade que o Goberno galego non tivese en conta o último informe que o Comité de Expertos do Consello de Europa emitiu hai apenas uns meses sobre a situación lingüística de Galiza. Non é só que non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas para dar cumprimento á Carta europea, senón que se desmantelaron algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa, como as Galescolas, que era a única rede de ensino infantil que contemplaba con normalidade o uso do galego en cancións e xogos.
  • Se a Xunta continuar coa súa política de desprotección dos dereitos da comunidade lingüística galega e de incumprimento dos tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, desde o Comité de Estado do EBLUL trasladaremos esta situación aos diferentes foros internacionais en que se encontra presente.
  • Leave a Reply

    You can use these HTML tags

    <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

      

      

      

    *