En Caamouco.Net

Merda de cans!

merda-de-canHai que facer malabares para dar unha volta polo pobo e non pisar merda de can. Sei que o cuadrúpede non ten culpa algunha, pero si quen o “saca de paseo”.

Sacar de paseo ao can, ou cadela, significa levar ó can a defecar polos espazos públicos. Está ben iso de ter unha mascota, pero estaría mellor se cada dono se fixera cargo dos seus excrementos.

Pouco están a facer as campañas de subvención das bolsas para recoller as cagadas, coido que eses cartos estarían mellor empregados en cueiros para os bebés.

A máis do anterior, algúns levan o can solto, ou case, e os animais se acercan ao viandante. De facer un aceno de enfado por ver como o can se acerca ao teu carón, tes a resposta feita: “tranquilo que no muerde! sólo quiere jugar!”. E isto si que xa é o colmo!, inda por riba es ti quen ten que xogar e rirlle as grazas ao animaliño.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*