En Caamouco.Net

Nihil sub sole novum (Quosque tandem? II)

Estatua_023A pesares do manifestado polo Sr. Alcalde neste Blogue, a respecto da sección da páxina web do Concello ” O Alcalde responde” , a día de hoxe, e pasou máis dun mes dende aquilo, non hai nada novo. Reproduzo os seus comentarios sobre dita sección:

” …, la utilidad de la sección que criticas está fuera de toda duda por la gran cantidad de usuarios que presenta, que cada vez son más. Dicha sección la llevo yo personalmente. Soy yo el que contesta directamente a todas las preguntas porque me parece fundamental para enterarme de muchos temas, sin intermediarios de ningún tipo. E intento hacerlo personalmente lo mejor que puede hacerlo un Alcalde como yo, sin dedicación exclusiva, con su propio trabajo, con una profesión de la que vivir yo y mi familia y a la que también tengo que atender todas las tardes y, con especial atención, los principios de curso.

Esa es la razón por la que actualmente tengo atrasadas unas treinta contestaciones a preguntas de dicha sección. Es así de sencillo, porque no soy una máquina, soy un humano. Alcalde, pero humano.”

Despois do manifestado sobre a utilidade da sección “O Alcalde responde” non é de recibo que dita sección leve máis de cinco meses en vía morta. É a vontade e saber facer do Sr. Alcalde o que lle fai usar o pouco tempo dispoñible en actualizar o seu Bloge persoal, en vez de dedicarse á unha das súas tarefas na Alcaldía. Tarefa que el mesmo se encomendou e que non quer delegar en ninguén.  Se as ocupacións laborais lle impiden dedicarse a Alcaldía, como di precisar, a solución é doada, que se propoña unha dedicación exclusiva, aínda está a tempo de entrar nos orzamentos do 2010.

Outros e outras diranlle que é mais rendible electoralmente  usar a páxina web do concello para facer propaganda partidista. Pois, súa é a elección Sr. Alcalde!

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*