En Caamouco.Net

Nota de prensa do Concello

Concello-de-AresReproduzo a nota de prensa aparecida no xornal Diario de Ferrol e na páxina web do Concello ao respecto das entradas Nihil sub sole novum e Quosque tandem? por dous motivos. O primeiro é porque temos un problema técnico coa inserción de comentarios nesta Bitácora (blogue) e o segundo porque hai que facer valer toda a información para que cada quen quite as súas conclusións.

Comunica Online e os servizos informáticos están a actualizar a web do Concello

16 Decembro 2009 06:42

A empresa Comunica Online e os servizos informáticos do Concello de Ares están a traballar dende hai algúns meses na actualización e mellora da web municipal; uns traballos que contemplan certos cambios de deseño e a ampliación de servizos. Por esta razón, algunhas das seccións están tendo problemas no seu acceso e en ocasións non están operativas, como é o caso da sección “O alcalde responde”, que leva varios meses sen poder actualizarse por estes cambios, ou o histórico de plenos, tamén pendente da súa actualización para poder incluir todas as sesións.
Dende os servizos informáticos infórmase de que ditos problemas durarán mentres a web estea en obras, estando previsto que se solventen nos vindeiros días.
O goberno local lamenta os perxuízos que se poideran ocasionar neste tempo no acceso a certos contidos da web do Concello, e subliñan que estes traballos, que agora poden supor algunha molestia, redundarán nun futuro próximo nun beneficio para os veciños, xa que o número de servizos que se prestarán dende a páxina institucional aos cidadáns tamén se verá incrementado notablemente. De feito, un dos obxectivos deste goberno pasa por implantar progesivamente a Administración dixital.

3 comments to Nota de prensa do Concello

  • Administración Caamouco.Net

    Solventado o problema dos comentarios. Ou así parece.

  • Admin

    Grazas por todo!

  • O de Curmá

    Interesante resposta, xusto ó pouco de aparecer aqui o comentario de que a sección “O Alcalde Responde” aparecese neste blog. Sospeitoso.
    Tamén, e a fío de todo esto, os guionistas de “Padre Casares” parecen estar bebendo de fontes locais, habida conta dunha sección parecida no Concello de Louredo na que Delmiro adicase a responder grabando videos para arengar á concurrencia. Curioso.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*