En Caamouco.Net

Unha cábala do número 666

cabalaNeste ano de 2009 que remata moitas cousas foron acontecendo, a meirande parte delas nada boas. A culpa pode estar no número 666, que algúns veñen a relacionar co diaño.

Ase, se sumamos as súas cifras veñen dar 11, ou o que sería o mesmo XI en números romanos. Se dividimos por dous, pasamos unha liña pola metade, XI ou sexa un VI que non ven sendo outra cousa que un seis.

Deste xeito podemos xustificar todos os males acontecidos. Desexar Felices Festas a todos e a todas e xa está!.

Pero non. Debemos reflexionar cando menos sobre estes feitos:

  • Os defensores da economía de mercado sen intervención estatal pedindo cartos públicos para afrontar as súas desfeitas.
  • A Xunta de Galicia quere privatizar a asistencia sanitaria do Centro Galego de Bos Aires, regalando sen concurso público un Hospital e máis de 37 millóns de euros.
  • Non hai ningún problema para poder fusionar as Caixas de Aforro da mesma comunidade autónoma (Cataluña e Andalucía) e verdadeiros atrancos para fusionar as caixas Galegas.
  • A Xunta de Galicia está a facer retrocesos na normalización lingüística do galego.
  • A comunicación por autoestrada coa Meseta dende Galicia está interrompida dende febreiro deste ano.
  • A iniciativa lexislativa popular para que Astano, perdón, Navantia-Fene, recupere a construción civil esta durmida no Parlamento Galego.
  • O paro non deixa de medrar, na comarca de Ferrol tiñamos a remates de novembro 15.971 parados, que viña a supor un 11,7%.
  • ….

En fin, que non é tempo de ledicia mais non por iso imos deixar de facer propósitos, e máis que nada feitos,  para que as cousas melloren.

A todo isto, alguén estará a pensar a que ven o título da entrada: “Unha cábala do número 666”, pois a que este é o número de empregados e empregadas afectados polo ERE da empresa Air Comet. Si, a dese gran empresario que tiña todas as solucións para sacarnos desta crise. Ese que é quen representa a todos os empresarios españois, que non lle retiraron o apoio a pesares da súa xestión empresarial. Si eles se consideran ben representados non vou ser eu quen o discuta.

BOAS  FESTAS!

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*