En Caamouco.Net

Cortes de auga!!!!!

enfado031

Hoxe, 12:45 horas, por enésima vez quedamos sen auga. O Teléfono de avarías de Aquagest “ocupado”. Din os rumorosos que voltaron a escachar a traída de augas. Volven a ser os mesmos, aquí non hai quen lles diga nada, non lles vale con estragar  as estradas e os camiños, non chega con cortar os vieiros de comunicación. Non, agora tamén nos cortan o subministro de auga cada tres por dous.

Non vou ser eu quen diga que as obras non se fagan. Pero as que estamos a sufrir neste Concello lles falta, cando menos, un estudio de impacto viario, e no tema dos cortes de auga, tamén cumpre un sistema de billas que non interrompan totalmente o subministro por unha mera rotura.

De facermos respectar, qué menos que o desconto da cota de subministro a cargo da empresa aseguradora das obras!. Máis de sete horas sen auga polo día e de seguro que nin iso!

Vou farto de tanta incompetencia!

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*