En Caamouco.Net

Pra que nos devolvan o roubado…!

ROUBOPor máis que lles pese, esquecéronse da letra da “internacional”. Si, vai a ser hora de que nos devolvan o “roubado” aos traballadores e traballadoras do Estado das súas cotas a Seguridade Social. Nunca lles chegou o feito de que coas nosas cotas se financiaran o noso seguro de desemprego, as nosa formación profesional, as nosas incapacidades temporais ou as nosa pensións.

Tamén se financian as prexubilacións, tanto do sector público como do sector privado. Qué casualidade que destas últimas son das que menos se fala!. Pois no sector privado tamén hai prexubilacións que pagamos todos e todas, e que na meirande parte son utilizadas para o despedimento de traballadores con contratados indefinidos e substituílos por contratos ”basura”. Se non que lle pregunten á banca, caixas de aforros, automoción, telefónica, etc cómo fixeron os seus axustes de planteis. Pois a conta da Seguridade Social.

Tamén se financia a Sanidade, que se é un dereito universal, por qué hai que financiala coas cotas da Seguridade Social?. Non será máis lóxico que se financien directamente cos impostos?.

Moito falar do Pacto de Toledo. Todos viviron de costas a el. Dous dos seus grandes postulados son: non facer un uso partidista do tema da pensións e separar as fontes de financiamento do sistema. Pois xa vedes o caso que fixeron.

Os complementos a mínimos das pensións tamén saen das cotas á Seguridade Social. Non é que un non estea de acordo con ditos complementos. Pero o que non me parece ben é que eses complementos estean financiados coas cotas dos traballadores e non con impostos ao igual que deberá pasar coas as prestacións non contributivas.

Alguén se imaxina a viabilidade dun fondo de pensión que teña que aturar de todo o que atura a Seguridade Social?.

Todo vale para atacar aos dereitos dos traballadores e traballadoras. Fai dous días, os mesmos que ven a hecatombe do sistema de pensións, pedían unha rebaixa nas cotas á seguridade social que pagan as empresas.

A solución ao sistema de pensións non está tanto nas taxas demográficas, senón na cantidade de traballo que se poida ofertar. Podemos chegar ao 2050 cun traballador por cada dez pensionistas e non quebrar o sistema de pensións se temos unha capacidade económica para xerar o emprego e riqueza suficiente. Man de obra haina fora das nosas fronteiras.

De levarse a cabo o retraso de acceso á xubilación, como alguén dixo ao morrer Tierno Galván, remataron todas as desculpas para votar polo PSOE.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*