En Caamouco.Net

Quosque tandem? III

pensador Pois xa ten resposta a pregunta que dende aquí se fixo por tres veces. O 21 de xaneiro retomouse a sección “O ALCALDE RESPONDE”

Non foi sen tempo, coido que as desculpas de falta de tempo que logo trocaron en “problemas de actualización da Web” convenceron só a quen xa estaba convencido.

Sublata causa, tollitur effectus.

Pois aí vai a nova segundo se publicou na web o Concello:

RETÓMASE A SECCIÓN DE “O ALCALDE RESPONDE”

21 Xaneiro 2010 09:17

O alcalde, Julio Iglesias, vén de colgar moitas das preguntas que nos últimos meses foron plantexadas no espazo da web do Concello “O alcalde responde” e que, debido a diversos problemas, non poideron ser respostadas e/ou colgadas na páxina. Agora, a sección retómase coas preguntas que lle chegaron ao rexedor nos últimos meses, aínda que nos vindeiros días tamén dará contestación ás que foi recibindo nestas últimas datas.
Dende a Alcaldía, ademais, pídense disculpas aos veciños e veciñas polas posibles molestias que esta demora poidera ocasionar, ao tempo que se insta a aquelas persoas que non reciban resposta nos vindeiros días que, se non lles supón un problema, envíen de novo as preguntas/suxerencias/queixas.

Podería parecer que O Sr. Alcalde quería ir adiantando un pouco de traballo antes de darse unha volta por FITUR, a día de hoxe a última resposta e do mes de novembro.

Agardemos que “problemas técnicos” e “de actualización da web” non lle impidan poñer ao día a sección.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*