En Caamouco.Net

Gran mobilización social o domingo 28 de marzo

Rumbo21

En defensa do emprego.

Por un sector naval con futuro.

Levantamento do veto XA!

Estimado amigo:

Como vostede sabe, o Parlamento galego aprobou por unanimidade a fins de decembro a toma en consideración da Iniciativa Lexislativa Popular sobre o sector naval, que chegou á Cámara galega co apoio de máis de 18.000 sinaturas. Tamén case a totalidade dos concellos da nosa comarca apoiaron en pleno a proposta de Rumbo 21.

Agora, tras o éxito social da ILP e a toma en consideración por parte das tres forzas políticas con presenza no Parlamento galego, queremos facer un último esforzo desde a comarca: convocar unha gran mobilización social o domingo 28 de marzo para lembrarlle a Rodríguez Zapatero que debe aproveitar a Presidencia española da Unión Europea para renegociar os acordos do ano 2004 que limitan a capacidade produtiva do estaleiro de Fene e para expresarlle que a sociedade comarcal apoia ao Presidente do Goberno español nesa xestión política perante a Unión Europea.

A reivindicación única desta proposta cidadán sería o acordo adoptado polo Congreso dos Deputados en maio de 2009:

“Apertura dun proceso negociador para revisar os acordos do ano 2004, que limitan até o ano 2015 a actividade produtiva do estaleiro de Fene a tarefas auxiliares do estaleiro Navantia-Ferrol, coa finalidade de que o estaleiro de Fene poida desenvolver plenamente as súas actividades produtivas en todos os ámbitos da construción naval civil”.

O lema da manifestación que propón Rumbo21 é o seguinte:

En defensa do emprego.

Por un sector naval con futuro.

Levantamento do veto XA!

Desde Rumbo 21 consideramos que a crise económica que estamos a sufrir na comarca, cun alarmante número de parados e cunha preocupante perda de poboación, esixe de todos os axentes sociais e de todas as institucións da comarca un esforzo conxunto para facer socialmente visíbel esta demanda a prol da reactivación da antiga ASTANO.

Co fin de concretar a organización desta manifestación e conformar unha Comisión Organizadora ampla e plural, Rumbo21 convoca a todas as organizacións políticas, sindicais e empresariais, así como ás institucións, entidades sociais e fedatarios da ILP a unha reunión aberta que terá lugar o  próximo martes, 2 de marzo, ás 19.00 horas, na Galería Sargadelos (Ferrol).

Esperando contar co seu apoio, reciba un cordial saúdo

A COMISIÓN PROMOTORA DA ILP SOBRE O SECTOR NAVAL

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*