En Caamouco.Net

Covardía política?

gobernoGobernar, o que se di gobernar, pois non!. No Concello non hai goberno. Non vou negar que non se fagan cousas, non. Pero o que se di goberno, nada de nada.

Estanse a facer cousas, si. Faltaría máis!. Pero, hai un esqueleto que artelle todas esas cousas harmonizando un todo?. Pois non!.

A falta dunha ordenación do territorio plasmada nun plano de urbanismo é unha eiva que imposibilita un goberno nun Concello.

Pouco exemplo está a dar o vicepresidente do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística cando no seu concello estanse a aplicar Normas subsidiarias do ano de 1978. Nada se fixo, e poucas trazas ten de se facer, pola elaboración dunhas normas adaptadas a Lei do Solo de Galicia. Unhas normas que, a máis de dar seguridade xurídica, planifiquen as necesidades do Concello. Un plan que reflicta as necesidades de vieiros, aparcadoiros, zonas verdes, usos dotacionais, etc.  que necesitamos.

Entón, xurde a pregunta:

–          Por qué non se elabora un Plan Urbanístico?

Pois, a min que non dou para máis, só ocórrenseme dúas respostas:

–          Non hai valentía política para levalo a cabo, a sensu contrario: covardía política.

–          Non se sabe ou non se quere gobernar.

E se a isto lle engadimos a falta da aprobación duns orzamentos, só queda por dilucidar si calquera das dúas respostas anteriores poderíanse resumir en que o único que se pretende non é gobernar un concello, senón perpetuarse no poder.

Pero non, de seguro que non. Outras explicacións han de ter…

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*