En Caamouco.Net

Cegos ata que unha morte chegue!

aaccestradaUn xa non sabe cómo ha dicir as cousas!. É incrible que nos traballos da E.D.A.R. na estrada de Chanteiro non se tiveran producido accidentes. Non xa accidentes de tráfico, senón tamén laborais.

Eu fun testemuña de como un traballador estivo a piques de ser golpeado pola escavadora. A providencia e a bastante axilidade do traballador evitou tal desgraza. As normativas son claras tanto en seguridade viaria como en prevención de riscos laborais. Pero a ninguén parece preocuparlle o seu incumprimento. Non só non hai sinalización do espazo de manobra da maquinaria, non. Os operarios, facendo de auxiliadores de gardas de tráfico, ordenan aos condutores a circular dentro do espazo de manobra dunha máquina que está a traballar e non se detén ante tal feito. Despois de ter rematada a xornada non hai quen limpe a estrada, sinalice ben as obras e deixe transitable a estrada.

Pero da igual!. As autoridades (Garda Civil, Policía Municipal, Deputación, Concello. ..) non ven ou, o que sería peor, non queren ver. Agardo que non se produza ningunha desgraza, pero de producirse, de seguro que algúns culpábeis choraran o feito como algo inevitábel.

Pois un xa vai ancho de tando avisar!!!!!!!!!!!

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*