En Caamouco.Net

Privado versus público

publicoDende sempre teño escoitado ás mesmas persoas de sempre que sempre foi mellor a xestión pública que a privada. Que hai que liquidar todo o público, porque “as mans privadas” son máis eficientes que o sector público.

Pero é aquí que estes mesmos defensores do ultraliberalismo económico, fan todo o posible por “enchufar” aos seus fillos e fillas dentro do sector público. Aquí si que non doen prendas. Ao mellor o sector público é o “cancro da nosa economía” porque son eles os que están a xestionalo. Contratos do sector público tan escuros como millonarios se adxudican a empresas nas que, por casualidade!, están como accionistas eses que tanto detestan o sector público.

Máis mirando o que temos ao noso carón, abonda para darnos conta do cinismo con que se actúa.

Así, na folga das traballadoras e traballadores dos recintos deportivos de titularidade pública temos unha mostra ben sinxela de explicar o que fai o sector privado para mellorar os prezos dos servizos. Cos cartos públicos, ou sexa de todos e todas nos, construímos e equipamos unhas instalacións de varos centos de millóns de euros . Unha vez listo o edificio, sacámolo a concurso para que unha empresa, que non ten que facer ningún investimento, contrate ao persoal para dar o servizo. E dirán os xestores do público que non son capaces de dar os servizos polo mesmo prezo. Entón, ulo o beneficio da empresa adxudicataria?. Ben sinxelo salarios de 750 euros ao mes por máis de 48 horas de xornada semanal. Circunstancia esta, que nunca se lle permitiría dentro do sector público. O que estamos a aforrar nas cotas non ben dado por unha mellor xestión do privado, non. Ven dado pola explotación laboral á que someten aos traballadores e traballadoras.

Pero, estamos dispostos a pagar máis para mellorar as súas condicións laborais???????

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*