En Caamouco.Net

MANIFESTACIÓN SÁBADO 27 DE MARZO

Rumbo_21_a

Saída ás 12:00 horas

do peirao de Curuxeiras-Ferrol


Razóns para Mobilizarnos

polo Levantamento do Veto


01.  Porque cada persoa en paro na comarca é unha razón para non quedarnos de brazos cruzados diante deste problema social e humano.

02.  Porque traballo en ASTANO significa traballo no resto das empresas, na industria auxiliar, no comercio, na hostalería…

03.  Porque non hai maior diversificación que a industria naval, porque un buque non é só o casco, é todo o que vai dentro do barco.

04.  Porque sabemos que non temos futuro sen unha industria naval civil forte.

05.  Porque máis de 18.000 persoas que asinaron a Iniciativa Lexislativa Popular demandan que os gobernos galego e español traballen para levantar un veto que pesa como unha lousa sobre a economía da comarca.

06.  Porque se nós non nos movemos, ninguén o vai facer por nós, nin en Madrid nin en Europa.

07.  Porque queremos que Zapatero cumpra o seu compromiso de negociar o fin do veto ao estaleiro de Fene.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*