En Caamouco.Net

Para cándo o Centro de Saúde? II

cENTRO-DE-SAUDE004Esta mesma pregunta dou lugar a unha entrada desta bitácora o día 25 de outubro de 2009. Deberon de tomar daquela boa nota xa que, ao parecer, puxéronse a traballar no tema. Así temos que fai uns días o Sr. Alcalde arremetía contra o Goberno da Xunta por non facer a ampliación do Centro de Saúde.

 Pero eu, que en outubro estaba de paso, agora pregunto:

– E logo, non terán algo de culpa os que, cando o bi-partito, gobernaban á area da sanidade da Xunta.

– Non será que, como daquela gobernaba o PSOE, non había moito entusiasmo en denuncialo?

A min que non me pregunten, eu sigo de paso ….

… pero de seguro que, entre uns e outros botandose a culpa, seguiremos sen ter o Centro de Saúde ao que TEMOS DEREITO!

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*