En Caamouco.Net

Educar na intolerancia

115982_217309621_0de8f2e4c81A verba “tolerar” estase a pór de moda, curiosamente baixo o eufemismo  “Tolerancia Cero”, cero–zapateiro que dirían algúns. Algo debe ter a palabra intolerante para que non sexa “politicamente correcto” utilizala.

A pesares disto, estamos a educar e ser educados nunha cultura de intolerancia. Non aturamos outros credos, relixións, ideoloxías… que poidan cuestionar os nosos. Non. Por moito que enchamos a boca coa palabra tolerancia, as nosas actitudes e feitos son propios de intolerantes.

O diccionario define deste xeito a verba tolerar:

  1. Permitir alguén que algo se faga ou sexa dunha determinada maneira, aínda que teña autoridade para impedilo. 
  2. Soportar sen sufrir ningún dano a acción de algo que podería ser prexudicial. 
  3. MED Resistir sen dano a acción dun veleno, dunha medicina ou dunha droga. 
  4. Soportar sen esforzos algo ou a alguén que causa molestia. 

                  SIN:  admitir, consentir. 

Son a primeira e a cuarta acepcións as que traio a colación. Non somos capaces de aturar que outros conxéneres vistan, recen, pensen, honren aos seus ou se divirtan de xeito diferente. Mal imos!.

A celebración esta semana dos seareiros dun equipo de fútbol da derrota do seu “eterno rival”  ante outro equipo é a punta que asoma do iceberg, unha proba de que non somos os tolerantes que estamos a proclamar.

 

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*