En Caamouco.Net

A Selección Vs. clase traballadora

seleccion01Día 16 de xuño de 2010. A noticia máis destacada dos informativos foi a derrota da selección española de fútbol ante a homónima da confederación helvética. Minutos e máis minutos para explicarnos o qué, cómo, quén, ónde e porqué dérase o fatídico resultado do España 0 – Suíza 1.

Nesta mesma xornada o Goberno ven de aprobar un Decreto-Lei que afonda no abaratamento dos despedimentos, permite a entrada das ETTs como un servizo de emprego na intermediación laboral, permite o despido por causas obxectivas das empresas que teñan perdas,… En resumo, que recorta as conquistas da clase traballadora.

Pero a gran noticia da xornada seguiu a ser a da selección española.

– Non sería mellor que a selección quede eliminada e nos aforramos as primas que hai que pagar se ganan?

A min que non me pregunten, xa estou dabondo preocupado polo Decreto-Lei.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*