En Caamouco.Net

Vanitas, vanitatum, et omnia vanitas

Alfoli02Un ten as veces curiosidades, que se ben non son transcendentais, isto é, que non lle van dar aclarado os grandes enigmas da humanidade, pois as ten e xa está.

Despois de ollar o panfleto “Alfolí” o primeiro que fixen foi ver no almanaque o ano. Corroborei que estamos no 2010. De seguido fun ver si no BOE aparecía a publicación das eleccións anticipadas (municipais, non as que quere PP). E tampouco nada de nada. Dixen, nada, esta publicación fana este ano  polo da crise. Pero tampouco, lin Número 3 – Ano 2010.

Foi entón cando entroume a curiosidade de saber:

  • Cánto custaría o panfleto?
  • Teñen algo en común o DVD da pasada campaña electoral do Sr Alcalde e esta publicación?
  • Se cando a publicaba o anterior alcalde era criticable, non o será agora tamén?
  • Cál é a utilidade para as veciñas e veciños dista publicación?

A quen escribe, interésalle máis saber os orzamentos do Concello para o vixente exercicio. Na páxina web institucional, só aparecen expostos os do ano de 2008. Xunto a eles está  a exposición a modificación de creto, publicación realizada despois de terse solicitada. Por certo, é curioso que un acordo tomado o 25 de setembro de 2008 estea asinado polo Sr. Alcalde en setembro do 2007. Serán as meigas!

Tampouco estaría de máis que se actualizasen as ordenanzas municipais na citada páxina, porque dicir que os cartos do “Alfolí” estarían mellor empregados nunha publicación das mesmas puidera soar a demagóxico.

Xa cansa dicir máis sobre a sección “O Alcalde responde”, porque grazas a atención prestada, perdeu todo o interese. Baste dicir que non hai entradas dende o día 24 de abril. Pois menos mal que era un problema de actualización da páxina!

Tampouco podemos dende o día 29 de outubro do ano pasado, descargar as actas dos Plenos.

Por último dar as grazas pola boa acollida que ao galego se está a dispensar dende a sección da policía municipal, que só ten impresos en Castellano. Case todos os contactos nos remiten a formularios escritos tamén na lingua perseguida, minorizada e en perigo de extinción.

Pois que viva o Ghallegho!

 

 

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*