En Caamouco.Net

Pechado por…. despilfarro?

Manda chover na Habana!, e chegou un furacán.

Segundo os orzamentos do Concello para o ano 2010 temos presupostados salarios para, aproximadamente,  52 persoas a tempo completo en xornada anual. Uns orzamentos, que xa foron aprobados entrado este ano de 2010. Algún pareceralle que é moito persoal para un concello de preto de 6.000 habitantes. Pois vai ser que non, ou sexa que non chegan.

Gastamos con moita alegría en planos de “dinamización turística” para que os promotores poidan vender os pisos de Ares aos veciños de Ponferrada e arredores.  Nos imos a FIMO, a investir os cartiños en atraer a turistas que nos veñan visitar. Facemos mil exaltacións gastronómicas, pero ao chegar a Ares a oficina de Turismo está pechada.

Non é que non teñamos oficina, como ocorría anos atrás, caldo alguén falaba de converter Ares na “Bayona del Norte”. O que ocorre e que di o noso Sr. Alcalde que non hai cartos. Punto e pelota. Non podemos contratar a ninguén para cubrir 2 ou 3 meses de verán!.

Debíamos a 31/12/2009 2.519.000 euros (419 millóns das antigas pesetas) o peor é que son 169.000 euros máis que no 2008  e, veñen supor máis do 48% dos ingresos previstos para este exercicio de 2010. Volveremos noutra entrada a falar da débeda do Concello.

Pois vai ter razón o Sr. Alcalde, despois de visto o anterior e de pagar a súa propaganda persoal, lease Alfolí, non nos queda nin un can.

Entón aí vai a gran pregunta:

  • Estaba previsto no orzamento os cartos e o persoal para atender a oficina?

A min que non me pregunten, eu daquela estaba en FITUR.

 

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*