En Caamouco.Net

Nada parecéselle tanto a inxustiza como e Xustiza tardía

Parece ser, que despois de máis de 7 anos de denunciar os feitos, vaise celebrar  xuízo polas alteracións no padrón nas eleccións municipais do ano de 2003.

No escrito de acusación a Fiscalía lles imputa a D. José Manuel Cendán Fernández, que nese momento era alcalde de Ares, e a dona María Monserrat Rodríguez Sánchez, funcionaria encargada do control administrativo da confección do padrón de habitantes un delito electoral.

Segundo a Fiscalía , ámbolos dous decidiron incrementar o censo.  Supostamente, fixérono co propósito de alterar o resultado electoral y para ilo engadíronlle no padròn municipal ao menos a 73 persoas.

Compre lembrar que naquelas eleccións, de ter a candidatura de UPAres 7 votos máis, ou o PP 42 votos menos, este partido perdería a maioría absoluta coa que gobernou o Sr.Cendán ata as eleccións de 2007.

Non vou entrar en cuestións de técnica xurídica. Pero o menos preocupante a estas alturas pode ser se os feitos van ser considerados ou non como delito. O que nos ten que dar que pensar é, que de demostrarse que os feitos imputados pola Fiscalía son certos, e dicir que manipularon o Censo e grazas a isto gañaron as eleccións, cal vai ser o resarcimento dos danos ocasionados?.

Unha vez máis, e non van poucas, a Xustiza non vai dar chegado a tempo, xa o dixo o o filósofo Lucius Annaeus Seneca (o mozo):  “Nada parecéselle tanto a inxustiza como e Xustiza tardía” 

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*