En Caamouco.Net

Mentireiros!!!

Pois vai ser quer que vou ter remordementos de conciencia!. Cómo vou durmir tranquilo despois de saber que os 1.500 €, cos que me subvencionaron a merca dun coche novo, van saír da conxelación salarial dos pensionistas.

 Agora que as parroquias están como están, transporte público incluído, cántas viaxes de balde tereilles que facer para compensar aos pensionistas?

 Pois ningunha!

Como case sempre estannos a tomar por parvos. Non teñen nada que ver o déficit do Estado coas prestacións das pensións. As prestación páganse coas cotizacións dos que estamos en activo, e de momento, e a pesares da crise, séguese a recadar máis do que se gasta. Aínda que isto non fose así existe un fondo de reserva que prevé esta continxencia.

Non vou ser eu quen diga que non hai que reformar o actual Sistema PÚBLICO de Pensións. Pero que tampouco nos intenten tomar de parvos. Hai fortes presións da Banca para facerse cos nosos aforros a bo prezo, pero que o digan. Que non busquen a escusa da crise, por certo, provocada pola banca, que como un paradoxo, é quen se está a levar as ganancias.

U-lo os grandes analistas e periodistas que non nos contan estas verdades?. Por qué ninguén comenta que as pensión se financian a elas mesmas e non inflúen no déficit?

Será que nos teñen por parvos!

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*