En Caamouco.Net

Para mostra … un balcón

As cousas se poden facer ou non facer. De facer, facelas ben, regular, mal ou peor. As veces se copian cousas, e hai copias que superan o modelo orixinal, poucas, pero hainas …

O noso Sr. Alcalde copioulle ao seu compañeiro de partido, o Sr. Alcalde de Ferrol, a idea de facer un Certame de Decoración Floral de Balcóns. En principio está ben, pero as cousas puidéronse facer mellor, creo que bastante mellor.

Non vou poñer en dúbida os merecementos dos premiados. Non é esa a intención. Tampouco é intención desmerecer ao xurado nomeado para tal Certame. Incluso poderían ter cabida os mesmos compoñentes.

Segundo o propio Sr. Alcalde o certame tiña por obxecto “recuperar esa vella tradición que antes existía de forma espontánea na práctica totalidade de balcóns aresáns, fundamentalmente con hortensias. Nesta liña, o alcalde socialista indicou que o grupo de goberno, para retomar este costume que embelecía a vila e incluso daba olores característicos das flores ás súas rúas, decidiu levar a cabo un concurso que fomentase o adorno dos balcóns”.

Entón, o axeitado sería que o certame non durase só tres días (22, 23 e 25 de xullo), con fallo nun deses días (o 25). Cando menos debería de durar un mes. A máis do xurado, unha forma de fomentar as visitas aos balcóns é de, en primeiro lugar, que a inscrición sexa aberta, e dicir, que calquera veciño poida inscribir ao balcón que considere digno de terse en consideración no certame. En segundo lugar, que existise votación popular. Logo do período de inscrición, uns folletos indicando os balcóns a concurso e a súa localización. Deste xeito coido que moitos máis serían os que recorrerían o pobo para velos.

Xa sei que hai quen pensa que total, para que o Sr. Alcalde quite unha foto entregando un premio ben vale.

Pois se o obxectivo era ese, caro, o que se di caro, non saíu.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*