En Caamouco.Net

Polbo afumado

Hai que pórlle cara de parvo!. Ou iso, ou tes que estar farto de tanta e tanta fumareda. Xa nunha ocasión, a falta de actualización da sección “O Alcalde responde”, foi debido a problemas de actualización da páxina web do Concello. Pois ben, xa daquela “aceptamos ao polbo como un animal de compaña”. O certo e que as cousas mudaron, non seguen igual, van a peor. Dende o 22 de xuño, e xa veremos ata cando, a sección vaise de vacacións. Non é de estrañar a baixada de entradas que tivo dada a atención dispensada.

Pero o que hoxe nos trae a conto é o anuncio da “sede electrónica, que permite a realización de trámites on line”. Así foi publicada:

“El modo de acceso a la sede en cuestión, que estos días está en fase de pruebas y que, a partir del lunes, estará operativa al 100%, es francamente sencillo, tal y como se pone de manifiesto desde la Alcaldía. Así, los interesados deberán entrar en la web del Concello (www.concellodeares.com), donde tendrán que pinchar en el icono que entra en la propia sede electrónica. Gracias a este nuevo sistema, los vecinos podrán realizar diversos trámites “on-line”, como son el empadronamiento o la gestión urbanística, así como los permisos de residencia y de convivencia. El objetivo del sistema, por lo tanto, no es otro que el de agilizar el funcionamiento y la tramitación de la administración local, al tiempo que ofrece servicios a aquellos vecinos que no pueden acudir físicamente al Concello”

  Pero isto foi o 27 de maio, e a día de hoxe na sede electrónica só podemos solicitar un certificado do censo. Tantos cartiños para tan pouco rendemento. Non sei cántas persoas están ao cargo da actualización, pero para actualizar, e daquela forma, o taboleiro de anuncios con 1 hora á semana chega.

Hai quen segue a pensar que o Sr. Alcalde pérdese por saír nas fotos, e de aí que teña que estar vendendo fume. Eu non sei, pero se fose así creo que é máis barato pagarlle unha publicidade con foto nos xornais.

Non, si ao final vai ter razón o Sr. Alcalde, a publicación do Alfolí é un grande investimento cunha grande rendibilidade económica. Mellor volver a saír na foto que seguir a gastar os cartos en proxectos que se deixan nada máis comezar.

  • Non, si?

A min que non me pregunten, estou a xantar ao animal de compaña, ben afumado e cuns cachelos.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*