En Caamouco.Net

Deberes para o verán

Ben, chega o mes de agosto, e con ilo as desexadas vacacións. Se o Concello fose unha escola, das da E.X.B. de plan de estudios, teriámoslle que poñer algún “deberes” aos que máis, pero tamén algún suspenso.

 O profesorado sería o que peor nota acadaría, e tería que asistir obrigatoriamente a Cursos no verán. Pero aquí só vou avaliar os contidos informativos da páxina web. Coido que mellor que avaliar, que sempre é un difícil compromiso, vou evidenciar as carencias e que eles mesmos se poñan nota.

Na información sobre os orzamentos, só aparecen os do exercicio de 2008 xunto coa modificación de creto. Sen embargo non coinciden as cantidades do orzamento aprobado e publicado no B.O.P. coas que logo se toman como “consignadas anteriormente” na modificación de creto. Curioso!.

Xa non hai máis información. Teño que lembrar que a publicación da modificación de creto foi realizada tras unha petición na sección “O Alcalde Responde”. Pois non se publicaron máis orzamentos. Tampouco estaría de máis a publicación da execución orzamentaria de cada exercicio.

Con respecto ás ordenanzas municipais, a publicación só parece ter intencións de recadar.

Son moi poucas as que están publicadas na súa integridade. As máis so fan referencia a cota tributaria. O caso máis grave podería ser o da Ordenanza Reguladora de Tráfico e Circulación de Vehículos da que só se publica o Cadro de Multas. Nin caso dos procedementos.

A máis do anterior, e xa de paso, penso que é moi necesario pasarlles un corrector lingüístico. Hai erros de vulto que non deberían de estar nunha páxina oficial dun concello.

Pois dito queda.

 

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*