En Caamouco.Net

Sumidoiros

No día de onte aparecéronme na caixa de correos “información” do Partido Popular de Ares. Xunto a isto, como se fose a mesma man a que alí os depositara, aparece unha listaxe de resolucións da Alcaldía pola que se liberan certas cantidades de cartos. Clasificados por data, faise unha relación pormenorizada dos traballadores e cantidades abonadas a cada quen. O documento non ten sinatura nin anagrama que poida identificar a autoría. Non é esa unha forma de facer política, tirar a pedra e esconder a man. Non sei se foi casual ou non que aparecera xunto á información do PP, pero tampouco me asombraría que fora súa a autoría. Sempre quedará aquilo de branco, en botella, se garda na neveira, ….

A información convértese nun libelo que pon na picota aos traballadores do Concello que cobran unhas gratificacións, en principio polo seu traballo. Non aclaran o concepto. Un non sabe se son horas extras ou calquera outro complemento que lexitimamente lles corresponda cobrar pola prestación dos seus servizos. Eu nono sei e gustaríame que esa información aparecera. O lícito sería, de ser o caso, denunciar a organización do traballo e o exceso de prolongacións de xornada. Son defensor de que quen vai traballar debe cobrar polo seu traballo. Tamén sei que outros non, e de feito non lles pagan aos seus traballadores.

Quen queira denunciar algo que o denuncie, pero hai que dar a cara. Non vale botar lixo e pór o aspirador estercando a todo o mundo pola máxima de que “algo queda”. Mal comezamos a precampaña electoral, aínda que despois de ver a última precampaña autonómica nada nos pode estrañar.

De tódolos xeitos non deixa de ser preocupante que se abonen máis de 10.000 euros para unha publicación como “Alfolí” e deixar sen abrir a oficina de turismo. Con eses cartos, e isto non é demagoxia, se podería ter aberta a oficina 10 horas ao día durante 3 meses e sobrarían cartiños.

Preparémonos para afrontar a campaña das municipais, porque o que mal comeza …

 

 

 

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*