En Caamouco.Net

Benvidos e Benvidas ao novo Curso

Remataron as festas, xa gastamos os cartos que non tiñamos e agora virán as restricións.  Hoxe culmina o Concello o seu dispendio de cartos para as festas do verán. O rumor é que o broche do verán, a orquestra, vainos custar 12.000,00 euros. Pois a un non se lle vai da testa que con 12.000 euros poderíanse pagar a dúas persoas durante tres meses. Non para facer obras do plan E, senón para atender a Oficina de Turismo, pois hai que lembrar as verbas do Sr. Alcalde, non se abriu por falta de recursos económicos.

Como xa comentamos na entrada “Sumidoiros”, xa comezou a campaña electoral das vindeiras eleccións municipais. E comezou do mesmo xeito que as anteriores nas que se elixiu os parlamentarios galegos, votándose merda uns a outros, e como resposta, os outros aos uns. Fai poucos anos o agora Sr. Alcalde presentáballe unha denuncia por lesións ao entonces Sr. Alcalde por mor de non deixarlle facer unhas fotocopias. Pois, quitando o tema das lesións, que non é minio, agora tornaron as cousas.

Maldita memoria!!

Non podo pensar que non teñan máis altura política. Sería un efecto das vacacións pero agora vanse pór as pilas:

  • Vannos a explicar polo miúdo que modificacións queren facerlle ás Normas urbanísticas, que por certo, publicouse o anuncio no xornal pero non hai nada na Web municipal.
  • Vannos a dicir cómo pensan equilibrar as finanzas do Concello.
  • Cándo vai ter funcionado o Centro de Saúde?, que  xa diremos outros as causa do retraso.
  • Cómo vai ser solucionado o problema de espazo do Colexio?.
  • Para cándo un Plan Urbanístico?.

Benvidos a todas e todos ao novo curso!

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*