En Caamouco.Net

Benvidos e Benvidas ao novo Curso

Remataron as festas, xa gastamos os cartos que non tiñamos e agora virán as restricións.  Hoxe culmina o Concello o seu dispendio de cartos para as festas do verán. O rumor é que o broche do verán, a orquestra, vainos custar 12.000,00 euros. Pois a un non se lle vai da testa que con 12.000 euros poderíanse pagar a dúas persoas durante tres meses. Non para facer obras do plan E, senón para atender a Oficina de Turismo, pois hai que lembrar as verbas do Sr. Alcalde, non se abriu por falta de recursos económicos.

Como xa comentamos na entrada “Sumidoiros”, xa comezou a campaña electoral das vindeiras eleccións municipais. E comezou do mesmo xeito que as anteriores nas que se elixiu os parlamentarios galegos, votándose merda uns a outros, e como resposta, os outros aos uns. Fai poucos anos o agora Sr. Alcalde presentáballe unha denuncia por lesións ao entonces Sr. Alcalde por mor de non deixarlle facer unhas fotocopias. Pois, quitando o tema das lesións, que non é minio, agora tornaron as cousas.

Maldita memoria!!

Non podo pensar que non teñan máis altura política. Sería un efecto das vacacións pero agora vanse pór as pilas:

  • Vannos a explicar polo miúdo que modificacións queren facerlle ás Normas urbanísticas, que por certo, publicouse o anuncio no xornal pero non hai nada na Web municipal.
  • Vannos a dicir cómo pensan equilibrar as finanzas do Concello.
  • Cándo vai ter funcionado o Centro de Saúde?, que  xa diremos outros as causa do retraso.
  • Cómo vai ser solucionado o problema de espazo do Colexio?.
  • Para cándo un Plan Urbanístico?.

Benvidos a todas e todos ao novo curso!

6 comentarios deBenvidos e Benvidas ao novo Curso

  • minio.

    (Del lat. min?um, voz de or. hisp.).

    1. m. Óxido de plomo en forma de polvo, de color rojo algo anaranjado, que se emplea como pintura antioxidante.

    Y como ésta barbaridad, pues bastantes…

    Con lo saludable que es preguntar y documentarse antes de hablar con tanta ligereza y tan poca seriedad sobre algunos temas…

    Por cierto, yo estoy en el Concello todas las mañanas y también soy vecino de tu pueblo y, en tres años, falta la primera vez que me preguntaras por algunas de las tantas cosas que escribes sobre el concello…

    Si contrastaras alguna vez, aunque sólo fuera alguna vez, además dejarías descansar tu bola de cristal…

    Como a la de cualquier vecino, sigo estando a tu disposición… si te dignas, claro…

    Con mi respeto y mi saludo.

  • O de Curmá

    Pois está ben sabelo: tanta web, nota de prensa e revistas divulgativas e resulta que para enterarse das cousas o que hai que facer é ir polas mañáns ó Concello. Non debe estar ó tanto dos horarios laborais, ou si?

    (éste é pronome e este é adxetivo)

  • Pois sí («sí» é afirmativo e «si» condicional)que estou «ao» tanto dos horarios laborais…

    Por eso añado que también soy vecino y que quedo a su disposición…

    Y, por cierto, la web, las notas de prensa y las revistas divulgativas están para leer…

    Por eso, cuando no se leen, pues lo dicho, soy vecino y quedo a disposición…

    Si se digna, claro…

  • Admin

    Prezado Julín,
    Coidaba que a alguén tan douto como vostede decataríase que a palabra a usar, e polo tanto a entender, é nimio e non minio.
    Pero mal deben de andar os seus argumentos cando segue a facer como na súa sección de “O Alcalde responde”. Non contesta, non aclara e non argumenta nada en contra do exposto.

    Bástalle con dicir que está a disposición da veciñanza. Pois faltaría máis!

    De telo a ben, desexaría que, ao paso que se desafoga descualificándome, aproveite as súas entradas nesta bitácora para me ilustrar, informar e instruír. Como bo católico practicante, faga súa a benaventuranza de aprenderlle ao que non sabe, favor polo que eu lle anticipo as grazas.

    Ven a ser unha mágoa que, aos que falamos con tanta lixeireza e tan pouca seriedade dos temas, non nos ilustre coa súa douta sapiencia. Outra oportunidade perdida!.

    O seu segundo comentario deixoume atónito. Vostede que está a falar da miña falta de documentación, de seriedade e lixeireza, tenta dar clases de lingua galega a “O de curmá”. Está ben, pero lémbrolle que en galego “si” é afirmación, non existe o grafo ””, e o condicional toma a forma “se”.

    Y como ésta barbaridad, pues bastantes… . (Julín dixit)

    As miñas consideracións máis distinguidas.

  • Tienes razón… No hago el uso del gallego que debiera, menos aún por escrito, y eso se paga… Y como no es una opción ideológica, intentaré corregirlo…

    En cuanto a lo demás, la carga de la prueba recae sobre quien afirma o acusa… y no sobre quien niega o se defiende….

    Y yo entré aquí para negar y defenderme…

    Por ejemplo, comparar mi derecho como concejal a realizar fotocopias en el Ayuntamiento de su Libro Registro para informarme de la comisión de un delito electoral con el hecho de realizar fotocopias de panfletos de un partido político en el Ayuntamiento para repartir… ya lo dice todo… Es más, creo que eso se llama, como mínimo, agravio… Y luego, aún encima, te permites decirme que soy yo el que se desahoga descalificándote!!!

    En cuanto a la sección del Alcalde responde, creo que es una magnífica vía para contrastar… amén de la de preguntarme cómo y dónde quieras…

    Qué más disposición puedo ofrecerte???

    En todo caso, que falte la primera vez que me preguntaras por algunas de las tantas cosas que escribes sobre el Ayuntamiento es muy… clarificador, máxime cuando sigues sin hacerlo…

    Y en cuanto a las creencias religiosas, pues lo primero que hay que hacer es respetarlas y, por ello, ni satirizar ni ironizar sobre las mismas (y luego el que descalifica soy yo!!!)…

    Con sinceridad, de crítica constructiva… pues ninguna…

    Pero mira, allá tú…

    Con mi respeto y mi saludo.

  • Admin

    Prezado Julín,
    Alguén debelle estar a ocultar información dende o Concello. NON É CERTO que non lle tivera nunca preguntado. Teño rexistrada una solicitude de complemento de información dun expediente urbanístico no mes de decembro de 2009 e a día de hoxe, e a pesares de dous requirimentos do Valedor do Pobo, non tiven ningunha contestación.

    Como eu teño a crenza de que vostede é incapaz de mentir, busque entre os seus colaboradores ao que lle está a ocultar esta situación. Pois ou vostede ten mala memoria ou alguén estalle a ocultar, tanto a miña petición como as do Valedor do Pobo.

    Como vostede comprenderá, se cada vez que lle pregunto algo, teño que interceder ante o Valedor do Pobo, pois case vai ser … que non.

Deixar unha contestación

 

 

 

Pode usar estes marcadores HTML:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

*