En Caamouco.Net

Trasparencia informativa?

Nada mellor que dúas imaxes para amosar a transparencia informativa da que presume o noso Sr. Alcalde. Un anuncio no xornal Diario de Ferrol para a provisión dun posto de traballo. A súa publicación é o  venres día 1 de outubro, danse 5 días naturais de prazo, o sábado e o domingo non hai quen informe no concello, xa estamos no luns e o mércores é o último día.

Por se isto fose pouco, non se publica nada na sección “Contratación de persoal” da páxina web do concello, a máis, a información complementaria anunciase que estará dispoñible no taboleiro de Anuncios do concello. A resultas, hai que ir o luns, martes e mércores, non vaia ser que publiquen calquera comunicación antes de pechar o prazo.

Viva a transparencia informativa!!

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*