En Caamouco.Net

Transparencia Informativa? (II)

Parece ser que para algúns non hai máis realidade que a que eles mesmos queren ver. Sería o seu problema de non ser que queren que os demais vexamos o que eles ven. Pero a realidade e teimuda. Aquí van os FEITOS:

O día 1 de outubro publicase no xornal Diario de Ferrol o seguinte anuncio:

CONTRATACIÓN DE 1 AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE TESORERÍA-INTERVENCIÓN (CONTABILIDADE) POLA MODALIDADE DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE, POR PERIODO DUN ANO.

SOLICITUDES: dentro dos 5 días naturais, seguintes ó da publicación deste anuncio.

BASES: Atópanse expostas no Taboleiro de Anuncios dese Concello, onde tamén anunciarase calquera comunicación sobre este procedemento.

Ares, 28 des setembro de 2010.

O ALCALDE. Asdo. Dn. Julio Ignacio Iglesias Redondo

Dende o día 28 de setembro, e ata o día 4 de outubro, o concello subiu  a súa páxina web, na sección de notas de prensa os seguintes comunicados

O alcalde anuncia a construcción dun novo cemiterio municipal nunhas parcelas en Lubre

( 04 Octubre 2010 – 13:12 )

Os “Divertixogos” cambian de ubicación, coa adecuación da antiga aula de informática

01 Octubre 2010 – 13:08 )

O grupo de goberno cualifica como “sarta de mentiras” un panfleto do BNG sobre o POL

 ( 01 Octubre 2010 – 09:49 )

O Concello repara e mellora a pavimentación de numerosos camiños de todo o municipio

 ( 01 Octubre 2010 – 09:46 )

O alcalde de Ares lembra á CIG que non foi el o que convocou o pleno de hoxe

 ( 29 Setembro 2010 – 10:03 )

O grupo de goberno leva a pleno o soterramento de colectores de lixo en Chanteiro

 ( 29 Setembro 2010 – 10:01 )

Los “Divertixogos” cambian de localización y se reanudarán a partir del próximo lunes

 ( 04 Octubre 2010 – 10:03 )

El nuevo cementerio municipal estará en la parroquia de Lubre

 ( 04 Octubre 2010 – 10:01 )

El Ayuntamiento de Ares anuncia la construcción de un nuevo cementerio municipal

 ( 04 Octubre 2010 – 09:58 )

El gobierno estima que se han invertido 185.000 euros en obras en viales

 ( 01 Octubre 2010 – 10:10 )

Hai outras tantas subidas na sección de actualidade, que non reproduzo por reiterativas.

O texto do anuncio non di que o prazo comeza dende o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio en dous xornais. Di que 5 días despois de se publicar este.

Diga o que diga o Sr. Alcalde, o sábado e o domingo no concello NON HAY QUEN INFORME, palabras textuais. Non dixen que non estivera aberto sábado e moito menos que non estivera publicado no Taboleiro.

 O día 5 de outubro, cando publico a miña entrada, NON HAI NADA PUBLICADO NA WEB DO CONCELLO, non dubido de que fose publicada ese día, pero sempre despois da miña entrada, feito que pódese apreciar na segunda imaxe subida. Eu sométome, cando o Sr. Alcalde queira, á unha comprobación informática que aclare a que servidor chegou antes a información. De tódolos xeitos, dende o día 28 ata o 5 pasaron algúns días.

 A día de hoxe, tampouco hai nada publicado no Taboleiro Dixital do Concello. O que non quere dicir que non apareza despois desta entrada.

Despois dos feitos, todos eles comprobables, vai a miña opinión, en principio tan respectable como a súa:

Non houbo especial interese en comunicar a oferta de emprego na web do Concello. Probas hai de que outras moitas noticias si se colgaron. Se hai só un traballador para actualizar á páxina, como o Sr. Alcalde di, alguén teralle que dicir se as prioridades están na publicación dunha contratación ou en reproducir comunicados de prensa.  

 Tampouco se colgou no Taboleiro Dixital. Non é cuestión de si é preceptivo ou non, se é conforme a dereito ou non. De non axustarse á legalidade xa o tería denunciado, sinxelamente, non se axusta a ética política da que algúns andan a presumir.

Un xa vai farto, como xa dixen noutra entrada de aceptar “polbo” como animal de compañía. No tema xa pasado da sección de “O Alcalde responde”, non fun eu quen mentiu. Hai que lembrar as xustifcacións do Sr. Alcalde, primeiro que se as vacacións, segundo que se problema informático, despois que actualización da web …

En fin, non o vai conseguir, non vou responder con insultos ás súas entradas, responderei  sempre con feitos e argumentos, aínda que para o Sr. Alcalde, de non gustarlles, se baste con dicir que son mentiras. 

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*