En Caamouco.Net

Social-Catolicismo?

As veces a ficción supera á realidade. Hai unha serie de TV que se está a rodar en Redes na que nun capítulo dela, a personaxe de Elsa, pedíalle ao cura que lle bautizase ás súas ovellas.

 Coido que os guionistas deben estar ao tanto do que acontece no noso Concello. Aquí non sei se lle damos bautizos aos animais, pero o que si facemos é bendicir as cousas.

 Por bendicir que non quede!. Dende unha máquina escavadora ata un edificio municipal feito cos cartos de todas e de todos. Si, tamén sufragárono os veciños que practican na Capela Evanxélica,  que oran a Alá ou mesmo os que non lle oramos a ninguén.

 Non sei se son secuelas do Nacional-Catolicismo español sufrido en tempos pretéritos, pero o feito é que eses hábitos danse por normais.

 Así, temos que nos comunicados de prensa emitidos polo Concello sobre a ampliación do cemiterio municipal, o noso Sr. Alcalde fala de construír unha Capela nos terreos da ampliación. Non fala de facer un edificio de usos múltiples, no que cada un despida aos seus segundo as súas crenzas ou conviccións. Pois non, ha ser unha capela.  

 Pois non é normal!, non. Non sei se a Real Academia de la Lengua Española mudou o significado da verba “aconfesional”. Pois debeu de ser iso!. Agora parece ser que un estado aconfesional é un no que o seu Xefe de Estado hase de por de xeonllos ante o Papa, danse ofrendas de Estado ao “Santo Apóstolo” pola súa “intervención militar contra os mouros” ou se bendicen os locais Institucionais polo credo católico.

 Pois aínda que tivesen mudado o significado da palabra “aconfesional”, coido que os non católicos, que haber hainos, merecemos un respecto. Nos non lle queremos impor os nosos pensamentos a ninguén, pero os poderes públicos deben de respectar as nosas crenzas, e non estamos a ser respectados. Mal vai unha democracia que non respecta ás minorías.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*