En Caamouco.Net

A esquerda esquecida…

Sempre hai unha saída dende a esquerda. Unha vez máis o dito de que en política non existe dereita nin esquerda, como sempre, ven a beneficiar aos que máis teñen.

O actual Sistema Público de Prestacións Social necesita reformas. Si, non estou a falar das Pensións. Estas son só unha parte do Sistema. Unha parte fundamental, pero non o único instrumento.

Temos que abandonar a idea de que a través das cotizacións salariais teñamos que soportar economicamente todo o sistema de Protección Social. Isto foi a filosofía inspiradora do primeiro Pacto de Toledo. Tamén daquela comprometéronse a non usar electoralmente o tema das pensións, e xa vimos canto durou o acordo. Tamén hai que dicir, que na actualidade o Sistema Público de pensións, non inflúe no déficit do Estado. A día de hoxe, e a pesares da crise, temos superávit. Recadamos, mes a mes, máis do que se está a pagar. As presas na reforma do Sistema non teñen aquí a súa xustificación. Son intereses inconfesables os que levan a tratar o tema con tanta presa e sen a discusión social necesaria.

Actualmente, dentro do sistema de prestacións económicas, hai dúas modalidades: as contributivas e as non contributivas. Esta clasificación faise en función de se son derivadas de cotizacións ou non. O Estado garante un mínimo de percepcións, en algunha circunstancias tales como morte ou supervivencia, independentemente de terse cotizado. De non terse cotizado, en teoría, estas prestacións abónanse con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado. Entón a reforma pode estar servida. Porqué non se garanta a través de Impostos Directos para toda a cidadanía, nos mesmos parámetros que hoxe se aplican as prestacións non contributivas?

Sen incrementar as actuais prestacións do Sistema, se descontarían da caixa da Seguridade Social arredor de 347 euros por cada prestación. Esta cantidade, arredor de 3.000 millóns de euros, se recadaría mediante impostos directos, que son os que teñen en conta a capacidade económica do contribuínte.

Tivemos en Galicia un intento de crear unha rede asistencial de servizos sociais. Hai quen prefire un cheque todos os meses que unha rede que preste os servizos sociais básicos que a sociedade necesita. Pero hai que ter en conta que a fórmula é perversa. Vémolo agora en plena crise cando se están a recortar os gastos sociais. Cómo lle iría á Sanidade Pública ou mesmo á Educación de usar este método de cheques?. Se ben agora non goza de boa saúde, de seguro que habíalle ir peor.

Dende a esquerda temos que crear e fortalecer redes de servizos públicos para cubrir necesidades sociais básicas. Servizos aos que todos téñamos dereito, e non sexan unha discreción política.

Non podemos renunciar ao chamado “Estado do Benestar”. Non, cando menos dende os que din que manteñen posturas política de esquerda. Hai que reformar o seu financiamento. Non é de recibo convivir no mesmo espazo económico o “primeiro mundo” co “cuarto mundo”. Ou o que ven a dicir o mesmo, non podemos vivir nun pais rico cheo de cidadáns pobres.

Feliz ano de 2001, e a ser posible máis xusto e solidario.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*