En Caamouco.Net

Amigo das árbores!

Temos un Concello con graves problemas no nomenclátor do seu Rueiro. Temos rúas, como a Sta. Bárbara, que dan mas rodeos que unha praza de touros. Hai unha “Rúa do Sol” e outra “Rúa da Porta do Sol”. En Chanteiro todos os camiños son “Chanteiro”, temos un “Chanteiro 45” e a poucos metros un “Chanteiro 235”. Non falemos dos castrapos deturpadores tales como “Marina del Pombal”, ou da non sinalización na súa forma toponímica legal, que non é outra que a súa forma galega, etc.

Mudar o nome da rúa sempre é un encordio para a veciñanza. Comunicar o novo enderezo aos bancos (que son case os únicos que nos mandan cartas), mudar nas nosas tarxetas de identidade …, en fin, unha lea.

 Pero o máis grave e cando o cambio ven dado por un capricho. Si, non pode ter outra definición mudarlle o nome ao “Mazote”. Non sei, nin importa a estas alturas, se debería chamarse “Estrada”, “Rúa”, “Avenida” ou “Corredoira”. Pero, a alguén lle cabe dúbida de que sempre foi “O Mazote”?.

Non vou entrar na decisión de darlle o nome dunha rúa ao mestre Federico García Expósito. Os recoñecementos deste Concello de ser Fillo Adoptivo da Vila en 1.926, Medalla de Ouro e “Profesor Honorario de Educación y Cultura Ciudadana” pola súa extraordinaria, popular e estimadísima labor educativa e pedagóxica á fronte, como Director, das Escolas da Alianza Aresana de Instrución, parecen dabondo.

Máis non creo que unha rúa que non conta con ningunha árbore sexa a máis idónea para homenaxear ao “Amigo das árbores”. A falta de zonas verdes tamén aquí fanse notar. Para quen terán reservado o nome do paseo da Xunqueira?.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*