En Caamouco.Net

(S)elección de persoal

É curioso ver o que está publicado na web do Concello na sección de contratación de persoal:

 Así, temos que para a praza de auxiliar administrativo, se require unha dispoñibilidade total. Textualmente nas Bases da convocatoria di: “Os aspirantes que superen as probas, están abrigados a prestala súa xornada de 37,5 horas semanais, na medida e xeito requiridas polo interés do servicio, con horario de mañá, tarde ou noite, fraccionando a xornada se fose preciso.”

Será necesario traballar en horario de noite para regularizar a contabilidade do Concello?. Iso si que sería traballar con nocturnidade, non sei si con alevosía.

A pesar de que as Bases dispoñen que:

ÚNDECIMA.- PROPOSTA DE APROBADOS/AS.

Concluída a cualificación do proceso selectivo, o Tribunal publicará no taboleiro de anuncios do Concello a relación de tódolos aspirantes coa puntuación final. O Tribunal elevará a correspondente proposta de contratación a favor dos/as aspirantes que obtiveran a puntuación total máis alta (o Tribunal Cualificador non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas).”

Na páxina do concello se publica a relación de tódolos aspirantes no baremo de concurso, pero non na fase de oposición. Publica só a nota dunha aspirante e remite a data para facer unha segunda proba. A partir de aí xa non temos máis información.

OBRADOIRO DE EMPREGO

Pero os misterios seguen na convocatoria para a selección de persoal para o Obradoiro de emprego:

Na praza de CONSERXE-CONDUCTOR, na listaxe de valoración de méritos aparecen dúas persoas, pero ao final é seleccionada unha terceira persoa que non aparece na anterior listaxe.

O mesmo ocorre coa praza de PROFESOR-TITOR, aparece como suplente unha persoa que non figuraba na listaxe de baremación.

Xa finalmente, aparece como suplente da praza de ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA a persoa que é seleccionada para a praza de DOCENTE DE XARDINERÍA.

Son curiosidades, que de seguro que teñen algunha explicación, pero de seguro que o “informático” vai ter que cargar outra vez coas culpas.

Terémoslle que reclamar un complemento salarial por “asunción de culpabilidade”?

–          A min que non me pregunten. Eu sonlle de aldea.

 

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*