En Caamouco.Net

O PensionaZo

Xa sei que vou contracorrente. Mais non cesarei en postular por outro modelo de financiamento do que no último terzo de século pasado veuse en chamar “Estado de Benestar”, maiormente na vella Europa.

O debate sobre o futuro da pensións está sendo furtado á sociedade. Só quen ten acceso aos “multimedia” poden falar e, fano tan “doutamente”, que un acaba por pensar aquilo de que onde estaban estes clarividentes que non foron capaces de se anticipar ao crac económico.

Non vou ser eu quen negue a lexitimidade dos nosos representantes nas Cortes Xerais, por moito que non poda asumir a Lei electoral. Non é iso. Pero tampouco é de recibo o feito de que a gran reforma do Estado de Benestar se estea a facer sen que os partidos políticos teñan presentado as súas propostas ao corpo electoral.

Na votación no Congreso sobre o informe do Pacto de Toledo e as súa recomendacións para garantir as prestacións das pensións no futuro, quedou claro que é de ESQUERDAS e quen de DEREITAS. Fixeron bo o refrán de que polas súa obras os coñeceredes. A oposición as reformas recomendadas so foi exercida polos únicos partidos que están a facer unha política de esquerdas.

Non é un tema banal. O financiamento dos servizos á sociedade depende da visión que do reparto da riqueza se teña.

Hai que ve ben que cada quen se costee directamente dos seus petos á Educación, a Sanidade, as pensións, etc. A acción do Estado alcanzaría como “esmola” a aqueles que non puideran financiarse e as prestacións non serían da mesma “calidade” que os que as teñen por telas financiadas.

Fronte ao anterior outros vemos a necesidade de que o Estado garanta a toda a cidadanía un servizos de “calidade”. O seu financiamento deberían correr a cargo de impostos directos, e dicir, aqueles que teñen en conta a capacidade contributiva. Se alguén a maiores que ter un servizo “diferenciado” que o pague do seu peto.

Isto último, mais ou menos, é o que está a suceder co financiamento da Sanidade e da Educación. Máis cumpre tamén facelo co tema das pensións.

O Futuro das pensións, dende unha visión de ESQUERDA, debe pasar polo financiamento a través de impostos directos. Non vou repetir o xa expresado na entrada anterior: A esquerda esquecida…

Ao final,os que provocaron a crise, son os que van a negociar cos aforros das nosas pensións. Coido que é par preocuparse …

A última reforma das pensións camiñan dentro da filosofía da DEREITA, e non vai ser a última reforma, de non cambiar a filosofía seremos engulidos pola voracidade dos “mercados”.

Todo o que non sexa andar polo camiño da esquerda nos levará a un maior distanciamento social, os ricos serán máis ricos e os pobres moitísimo máis pobres. E quero recordar, que neste mundo, o non ter un traballo digno convértenos en pobres.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*