En Caamouco.Net

E … a culpa de que é?

Hai quen está tan acostumado a escoitarse a si mesmo, que acaba crendo que todo o que lle pasa pola súa testa é certo e esta a ocorrer.

Erra!, pero dálle igual. O primordial ven ser buscar a alguén a quen botarlle as culpas. Non lle importa nada  máis que salvar a súa imaxe.

E claro, a realidade é teimuda. Agora problema é a ampliación do colexio, maña será outro. Mais a preocupación será atopar a quen culpar da situación.

Cando se pecharon as escolas de Cervás e Caamouco a Conselleira de Educación era do PSOE. Non se moveu un dedo para evitar o peche. Xa había quen estaba a dicir que o colexio quedábase pequeno, que os alumnos estaban en precarias condicións, pero nada …. calquera cousa menos molestar á colega de partido.

Cando cambia o goberno da Xunta, e a Conselleira ven ser do PP, decátase do problema. Arremetese contra a Xunta e esíxelle a ampliación do Colexio.

Alguén lle apunta que o colexio non se pode ampliar sobre solo rústico. Pero nada, nin caso. Hai que esixir a ampliación a toda costa.

Agora resulta que a alternativa é a de facer unha chapuza que non vai dar solución aos problemas nun futuro inmediato. Unha ampliación raquítica sobre o único solo urbano da parcela do Colexio.

Pero é igual, o caso é apuntar a culpabilidade a calquera outro.

Pois ben todo isto tería unha solución satisfactoria de terse elaborado un Plan Xeral de Ordenación Urbana.

Pero non hai problema, tampouco será culpa súa. Dirá que non contaba co respaldo suficiente dentro da Corporación para sacalo adiante, e que polo tanto xa non o intentou.

Colofón: A culpa é dos electores por non darlle unha maioría absoluta. Ou non?. Porque de terlla dado, tamén teriamos a culpa, por non saber elixir!

Que Alcalde máis sufrido!.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*