Moito mudaron as cousas neste concello. As miñas eivas non me deixan entender como é que o noso alcalde pode delegar o “impulso” para a realización do Plan Xeral de Ordenación Urbana ao concelleiro de Nueva Alianza.
Coido que ninguén esquecería que foi este concelleiro, dentro dun goberno do Partido Popular, o que promoveu a desorde urbanística que padecemos. Primeiro opuxéronse ao P.X.O.U. aprobado polo PSOE e o BNG, Logo, cando estaban no goberno, aproveitaron o Plan (cando xa había sentencias que o anulaba) para facerlle as modificacións que propiciaron a desfeita urbanística actual.
E como para mostra un botón, agora temos que o Sr. Alcalde quere tirar o Palco da Praza da Constitución. Unha edificación clasificada como de interese patrimonial polo anterior Plan urbanístico, entón, que mudou dende aquela para agora derrubala sen máis?.
Mudar, o que se di mudar, só mudou quen ordena a política urbanística. Así, temos un alcalde do PSOE que delega a política urbanística no sucedáneo do PP.
Estarán a ensaiar o PPSOE?


Comentarios recentes