En Caamouco.Net

(U)nha (D)un (C)oncello Insolidario

Meses atrás, dábase unha volta de rosca máis na aplicación das políticas de dereitas no noso Concello. O desmantelamento dos servizo sociais chegaba ao seu cénit coa indecencia de aplicar uns prezos públicos polo servizo de axuda ao fogar que incumpre coas normas da Xunta para á súa determinación.

Ante a gravísima situación económica do Concello, asfixiada pola política económica dos últimos anos do PSOE, se aplican uns prezos públicos aos usuarios superiores aos que determina a lexislación vixente, a fin de amortecer a débeda municipal.

Como en tempos pretéritos, o goberno municipal, no só volve a desprotexer aos sectores máis febles da sociedade, senón que failles pagar a factura da dilapidación dos recursos do concello.

Resulta tamén incomprensible, que quen di defender unhas políticas solidarias e de esquerdas, non se aplique o conto. Levamos un mes sen o servizo de psicólogo/a no Concello, pero o sr. Alcalde está mais preocupado en escribir sobre as reflexións morais que en ter as necesidades dos seus administrados cubertas.

 X. Uño Capela.

 

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*