En Caamouco.Net

PSOE 12 – NAL 5

praiasUnha vez máis vemos como o anuncio das BASES PARA A PROVISIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE 17 PEÓNS PARA OS SERVIZOS MUNICIPAIS DE LIMPEZA DE PRAIAS VERÁN 2013 se publican un venres.

Se establece un prazo para presentación de solicitudes dende o mesmo día da publicación (14) ata o día 19, cinco días dos que un faise coincidir con sábado e outro con domingo. Temos pois, que hai realmente tres días hábiles para conseguir a documentación e presentala, xa que o sábado só hai rexistro. Algún xa non nos podemos crer que sexa casualidade de que sempre se faga o anuncio un venres e se poña o prazo mínimo de 5 días.

Ata aquí mal, pero como sempre; mais esta vez superáronse. Non se publica o baremo co que se vai a proceder a selección das cincuenta puntuacións máis altas, só se definen os criterios que van ser tidos en conta pero non os puntos que se poden acadar en cada un dos apartados:

a) Empadroados no Concello de Ares.

b) Responsabilidades familiares: cónxuxe , fillos e fillas menores de vintaeseis anos e persoas maiores dependentes.

c) Renda per cápita da unidade familiar

d) Persoas pertencentes aos colectivos con maiores dificultades de inserción, en especial os definidos como preferentes nos plans nacionais e autonómicos de Acción para o emprego e/ou atoparse en risco de exclusión social, atendendo aos informes dos servizos sociais municipais ou análogos.

f) Tempo transcorrido dende o último emprego desenrolado.

g) Experiencia laboral relacionada co posto de traballo a desenrolar.

 Non se pode afirmar que a intención fose imposibilitar a fiscalización das puntuacións, pero o certo é que non hai forma de saber cantos puntos se vai ter en cada un dos apartados.

 Hai quen di que a proporción este ano será PSOE 12 – NAL  5, haberá que esperar o resultado desta transparente selección de persoal.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*