En Caamouco.Net

Inmundicia esquizofrénica

InmundiciaSe a xustiza existise ninguén podería ser apartado dos seus dereitos impunemente. Por iso, hoxe temos que lamentar que se impida a cidadáns o exercicio dos seus dereitos cívicos. Non son poucos os que desprestixian a labor pública dos cidadáns. Aproveitan a marea para dicir que tódolos políticos son iguais e que hai que acabar con eles, esta frase última escoitada outrora aos feixistas.

Pois pouco mudaron os tempos. Atopámonos con que o Sr. Alcalde non introduce na orde do día as mocións presentadas pola oposición. Ata aquí o normal dentro dunha política de dereitas, pero o que supera o imaxinable é que decida  –facendo uso do seu voto de calidade-  deixar sobre a mesa unha moción presentada pola oposición sen ter o acordo de quen a presenta. Na práctica se impide o debate, de xeito unilateral, menoscabando os dereitos da oposición, que tamén representan á veciñanza. Xa para maior gloria, argumenta que non se debate unha moción por cuestión de “tono”.

Vivimos nun mundo de universos paralelos ou esquizofrénicos. Mentres se impide unha declaración institucional dende o Concello a favor da folga xeral, que secundou a bisbarra o pasado 12 de xuño, vai o noso Sr. Alcalde e se presenta na manifestación, agardo que chegara a tempo para a foto.

Non mudan as cousas por aquí. Agardemos que a esquizofrenia non nos faga esquecer que a democracia é pensar o que se quere e dicir o que se pensa…

X. Uño Capela

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*