En Caamouco.Net

In memoriam

Crespon_01Ese alguén de meu que nunca volve
á auga da infancia
sin saber saír do laberinto.
Ese que é outro home que eu levo
derrubado sobre min
ou como a hedra 90 carballos abraza.

En balde lle digo que hoxe recollen
as coloradas mazáns
e que hai que buscar as que caen entre a herba.
Verdadeiramente é como levan un morto
nada apetece e de nada se lembra
preguizoso sombrío. A seu carón vivo
e o eu que canta e volve
mira de esguello pra ónde xaz
e olla cómo podrecen nel os soños e os anceios
a mocedade que foi e as sorrisas das mulleres
todo o que foi amado e recibido
todo o que foi e nunca máis será-
Pro o eu que vive e anda
resiste e non esquece ren,
despedíndose farto de vida
cando a vida de meu e máila súa acaben.
Pro eu resucitarei que soio volven
os que recordan compañeiros.
.”

(Ese alguén de meu que nunca volve. Alvaro Cunqueiro, 1991)

Coa miña solidaridade e condolencia coas vítimas, familiares e amigos da catástrofe ferroviaria de Compostela.

 

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*